Román Rodríguez cualifica como "chapuza" a convocatoria da conferencia sectorial de Educación

Rodríguez está en desacordo coa forma da convocatoria e a liña económica que pretende seguir. Galicia abandona a reunión con outras catro comunidades do PP. R

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2018 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, abandonou a conferencia sectorial que se celebraba este luns en Madrid, da que tamén se marcharon os conselleiros do Partido Popular das comunidades de Castilla y León, Madrid, Murcia e La Rioja. Esta foi a primeira reunión convocada polo novo Ministerio de Educación y Formación Profesional desde que Isabel Celaá tomou o cargo desta carteira.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación
Román Rodríguez, conselleiro de Educación

En declaracións á prensa, Román Rodríguez cualificou como "chapuza" a convocatoria do encontro, xa que asegurou chegar "a cegas", sen información sobre "os contidos e o alcance" dos acordos que se ían a adoptar. Ao respecto, o conselleiro destacou que non está "en desacordo" coas medidas propostas no anteproxecto de lei da ministra Celaá, senón coa "forma" da convocatoria e a "liña económica" que se pretende seguir. Neste sentido, Rodríguez queixouse de que esta conferencia tivo unha "formulación tramposa" nunha "hipotética votación" que "en ningún momento estaba na orde do día" e na programación da mesma, o que ao seu xuízo crea unha "situación anómala" e de "incerteza".

CRÍTICAS Á LIÑA DE TRABALLO

Ademais, criticou as suxestións sobre investimentos propostas na reunión, e explicou que estes obrigan ás comunidades a un desembolso monetario "sen ningún tipo de compensación por parte do Estado", á vez que recrimina que o Goberno central "non consultou a liña de traballo" ás autonomías.

Ao ser preguntado polo custo da redución do horario lectivo, unha das cuestións expostas, Román Rodríguez indicou que Galicia gastaría 66 millóns de euros en facer efectiva esta medida, en caso de non existir financiamento estatal, o que obriga ás comunidades que non cumpren cos "obxectivos de déficit" a "incrementar a súa débeda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como sigamos así case mellor imos a Eleccións en Outubro e poñemos unha casilla para votar a favor da independencia de Catalonia e punto final !!! Total imos seguir pagando os mesmos de sempre!!!