As farmacias galegas non puideron dispensar receitas durante unhas horas por un erro informático

Sanidade informou que se debeu ao "rendemento da base de datos" que retardou o funcionamento do sistema.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2018 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Un erro informático na plataforma que empregan as farmacias galegas produciu que durante unhas horas na mañá deste luns non se dispesara o 60% das receitas.

Farmacia
Farmacia

Segundo informou a Consellería de Sanidade, este problema produciuse polo "rendemento da base de datos" que retardou o funcionamento do sistema. Con todo, unha vez detectado o fallo na plataforma, pola tarde a incidencia xa estaba solucionada ao completo en Galicia, explica este departamento.

Deste xeito, esta incidencia provocou que ao longo da xornada os usuarios só puidesen recoller o correspondente ao 40 por cento das receitas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta