Polémica viaxe do alcalde de Valga cunha edil a Estonia con todos os gastos pagos

Cobrarán 241 euros de dieta cada un por día. “Esta invitación é dos alcaldes de Estonia e de Letonia, as dúas Valgas que xunto coa Valga de España son as únicas tres Valgas que hai na Comunidade Económica Europea”, responde Bello Maneiro sobre a visita.

Por Xurxo Salgado | Valga | 30/07/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

En xuño de 2016 o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, viaxaba a Valka, en Estonia. Unha localidade que, tras o desmantelamento da URSS, quedou divida en dúas. Unha Valga quedou en Estonia e a outra, en Letonia. Unha coincidencia de nomes que os tres rexedores non quixeron pasar por alto. Por iso, decidiron explotar o nome de Valga e presentaron proxectos comúns ante a UE para impulsar un programa de intercambios educativos que implicarían a todos os niveis de formación: Primaria, Secundaria, Formación Profesional e mesmo Escola de Música. 

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, con representantes do Concello de Valka (Estonia)
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, con representantes do Concello de Valka (Estonia) | Fonte: valga.gal

E dous anos despois, Bello Maneiro repite viaxe e, como na anterior, vai acompañado da súa inseparable edil de Educación, Carmén Gómez. Con eles vai un técnico do concello que é o que realmente traballa e mantén contacto permanente cos seus homólogos estonios. Unha viaxe que non está exenta de polémica, xa que alcalde e concelleira pasarán de viaxe na Valga do Báltico seis días. 

CUSTES EN DIETAS

Unha viaxe que lle pode saír ao concello por case 3.000 euros só en dietas xa que os dous edís precibirán por elas 241 euros cada un ao estar no estranxeiro. Ousexa que só por este concepto Maneiro e Gómez ingresarán 2.892 euros. Unhas dietas que pediron na súa anterior viaxe. Iso sen contar as pasaxes que oscilan entre os 760 e os 1.000 euros por persoa.

Esta visita a Estonia de Maneiro e de Gómez está dando moito que falar no concello, especialmente, en redes sociais. Por iso, o grupo socialista non dubidou en facerlle unha pregunta sobre esta nova viaxe a Estonia ao propio rexedor antes de que marchara. “Cal é a finalidade e xustificación da viaxe a Estonia que van facer a finais deste mes o Sr. Alcalde e a Concelleira de Emprego, Carmen Gómez?”, preguntaba o PSdeG a comezos de xullo.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, cun edil do concello de Valka (Estonia)
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, cun edil do concello de Valka (Estonia) | Fonte: valga.gal

O viaxe é en ocasión dunha invitación que nos fixo o alcalde, os alcaldes de Valga de Estonia e Valga de Letonia como, digamos, devolución á visita que nos fixo aquí, e que vostedes acompañaron tamén nese momento ó alcalde de Estonia. Pero esta invitación é dos alcaldes de Estonia e de Letonia, as dúas Valgas que xunto coa Valga de España son as únicas tres Valgas que hai na Comunidade Económica Europea”, foi a resposta do rexedor.

COMENTARIOS EN REDES: “FORON DE VACACIÓNS”

E ante os comentarios en redes e a insistencia da oposición, que denuncia que alcalde e concelleira foron de “vacacións pagas” e sen ningún tipo de axenda concreta, o concello viuse na obriga de sacar un comunicado no que suliña que “están a participar nunha visita institucional a Valga (Estonia) co obxectivo de profundizar no irmandamento entre as dúas localidades homónimas e no intercambio cultural e educativo que manteñen dende hai dous anos. Na visita tamén participa o técnico municipal e responsable do Museo da Historia, Santiago Chenlo”.

Segundo fontes consultadas por GC, a visita non ten ningún fin concreto porque os proxectos presentados ante a UE entre os tres concellos aínda non foron aprobados e porque os centros educativos de Estonia e Valga levan tempo realizando intercambios, “antes de que se sacaran da manga iso dos nomes iguais”. 

Con todo, o concello salienta á súa chegada á capital de Estonia, Tallin, foron recibidos no aeroporto pola responsable de proxectos estranxeiros, Lea Vutt, e “nas últimas xornadas están a participar en sucesivos encontros de traballo co fin de afianzar as relacións”. Entre estes encontros está co director do instituto local, cos técnicos que levan o proxecto presentado ante a UE e a responsables do concello e do museo local. “Na xornada de hoxe, os tres representantes do Concello asistiron a un desfile militar polas rúas de Valga no que participan sete países e que rememora a Guerra da Independencia”, recolle o comunicado publicado o pasado sábado, tres días despois da súa chegada a Estonia. Desde entón, non se sabe a súa axenda que remata este martes coa súa chegada á Valga galega.

DENUNCIAS DE CORRUPCIÓN

O alcalde de Valga xa fora motivo de polémica hai algúns meses tras a denuncia de En Marea que o acusaba a el e ao secretario do concello Juan Manuel Salguero del Valle —imputado na 'Pokemon'— e ao interventor Juan José Vidal Vilanova de tecer unha "trama de favores" no municipio.

Nesta suposta trama, o alcalde do PP, tería baixo "unha situación irregular" o concello "na provisión de prazas de secretario e interventor", cunha "previsión orzamentaria anual para elas moi inferior á que lles corresponde por categoría", o cal, advertía En Marea, "disuade" a calquera funcionario habilitado a solicitar esas prazas, "de xeito que rematan sempre por estar vacantes".

"Deste xeito, o alcalde pode botar man de xente que lle resulte cómoda para o exercicio da súa actividade e non poña reparos", censuraba En Marea, que sinalaba como este sistema permite que concorran dúas persoas para "actuar por acumulación" e "sexan máis dóciles" para os intereses do rexedor.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, en Valka (Estonia)
O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, en Valka (Estonia) | Fonte: valga.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 teutonio

Comunidade Económica Europea en 2018!!!!, 25 anos despois da súa desaparición.

1 Pasarín

Outros tamén viaxan. Se cabe, máis: http://mareapontevedra.org/luis-rei...

1 Encuentros rebeldiyos

Si, para promocionar a cidade e ben que o está facendo. Outros viaxades a Nova York e vos esquecedes de volver para votar que é polo que cobrades. Ou viaxades a encontros por el cambio(TM) a actos de partido. http://cidadedacorunha.bng.gal/arti...

2 Aviada

"Servizo de transporte e aloxamento da representación dos medios de comunicación que se desprazan a Bruxelas para retransmitir a entrega do premio Intermodes 2013 concedido ao Concello de Pontevedra": Factura nº xxxxx / fecha 5-3-2013 / importe: 3.960 euros.

3 ELNOSAADEUS

Pois Valga podía esperar por unha axuda europea, digo eu, ou polo menos, xa que vas a gastos pagos, non poñer unhas dietas, que os profes e profas cando van de viaxe fin de curso non cobran máis ca desgustos. Doutra banda temos unha serie de viaxes institucionais para representar á cidade de Pontevedra e que a poñen no mapa das urbes con máis futuro e sentidiño, malia que teña unha oposición indigna, por exemplo, o mareado Rei distante e ferinte.

4 Cotobade

Lores a facer merda, e unha recua de moscóns papamerdas a taparlla! Aquí os cheirentos do alcalde-torero vitalicio fan broma con 4.000 euros en propaganda, nótase que non saen do seu peto!

5 La pastillita loqui

Onvre Loquito oloroso eras tu el que faltaba por que no avlas de los viaghes de tu amigo Louzán a ver si no cuestan mas que los de la Marea y el PP de Valga que de poco sirven. No los pagas tu claro