Os alcaldes das Mareas demandan abolir as touradas

A poucos días de que comece a gran feira taurina do territorio galego, na cidade de Pontevedra, a campaña #ChegouOMomento impulsada pola plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fundación Franz Weber fixeron público o apoio dos alcaldes da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol á proposta de abolición.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/07/2018 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Animalistas e abolicionistas denuncian o enorme abismo entre a maioría do Parlamento galego, que avala a excepción destas prácticas de crueldade cara os animais, e a cidadanía, xa que o 99,7% das galegas e galegos declara non asistir a touradas nen capeas, aínda que a nova Lei de Benestar Animal "permita a tortura como convocatoria de ocio". Tamén lembran que só dous municipios galegos albergaron eventos tauromáquicos.

Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez en Santiago
Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez en Santiago

Así, a plataforma "Galicia Mellor Sen Touradas"e a Fundación Franz Weber aplauden o soporte firme das tres cidades máis importantes da provincia coruñesa, que se contrapón a supervivencia da tauromaquia noutras localidades, como son Pontevedra e Valga. Os alcaldes de Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol fixeron público o apoio á proposta de abolición e adhírense á campaña #ChegouOMomento.  E as plataformas anuncian que divulgarán novos apoios nos vindeiros días. 

REXEDORES DO CAMBIO

Na súa intervención, Xulio Ferreiro lembra que o goberno da Marea Atlántica suspendeu o contrato de organización das corridas de touros en 2015, logrando que a cidade herculina deixara de subsidiar e amparar actos de recoñecido maltrato animal, non existindo demanda algunha por parte da cidadanía ni do resto de formación políticas de retorno da tauromaquia.

Pola súa banda Martiño Noriega e a edil de Benestar Animal, Noa Morales, explicitaron o soporte de Compostela Aberta á proposta para erradicar capeas e touradas de toda Galicia, criticando que a nova Lei de Benestar Animal non recollera xa o veto, subliñando que estas prácticas son tortura, non “Patrimonio Cultural”.

En Ferrol foron o alcalde e o concelleiro de Benestar Animal (Ferrol en Común) os que cuestionaron que o maltrato animal sexa socializado como un espectáculo, manifestando unha postura totalmente contraria Jorge Suárez e Luís Victoria aos eventos tauromáquicos, defendendo ademáis o traballo do goberno da cidade naval para evitar calquera espectáculo con animais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 contos e mais contos mareantes

Pero que andan contado, non señor foron os animalistas, foron os antitaurinos, foron os nacionalistas de corazón os que conseguiron vencer as tauromafias nos coruños, non as mareas, non os alcaldables que din que son enton marea, xa non din que son o podreiros, son acaso cornopatas??? Son acaso os loitadores??? Non señor como o mesmo golfiño merendiño de santiAGES onde estaban as tauromafias, e por non falar do que pode pasar en hierrol do condillo o santuario do mausoleo de paco, prepárense do que pode pasar a momia ten sustancias contaminantes formaldehido, estranas formulas maxistrais da farmacia, seica radiaccions, deben organizar o nacionalismo loitadores instaurar mesas de signaturas, preparar carretillos con leños e rodas usadas de automóviles, señores non digan despois do alcalde sinon de loitadores nacionalistas…