A orquestra galega que triunfa en España e Portugal

Panorama percorrerá en agosto 12 provincias, seis comunidades e 10.000 quilómetros. Traslada o seu espectáculo ao resto do estado e mesmo traspasa as fronteiras de Portugal, sempre co obxectivo de "conectar" e "interactuar" co público que cada noite os acompaña, baila as súas coreografías e corea os seus temas.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 04/08/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A orquestra Panorama terá un mes de agosto cargado de actuacións e, sobre todo, moi “viaxeiro”, xa que, por segundo ano consecutivo, fará un percorrido por boa parte de España para levar a súa música e espectáculo a 12 provincias de seis comunidades autónomas, ademais de Portugal. En total, a caravana da formación estará moi próxima aos 10.000 quilómetros de estrada.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).

O seu obxectivo, tal e como indican fontes da dirección da orquestra nun comunicado remitido este xoves aos medios, será “volver a presentar a todo o país o grande espectáculo co que Panorama sae cada ano de xira”, nesta ocasión, e baixo a denominación de ‘Deluxe Tour’, cunha montaxe sobre o escenario totalmente nova, con máis pantallas e iluminación e un deseño ao máis alto nivel, que está sorprendendo ao público asistente a cada un dos seus concertos. A iso súmase un vestiario, un repertorio e unha posta en escea na que destaca a innovación para xerar un espectáculo brillante.

Será pois un agosto con 30 noites de concertos, pasando por Pontevedra --o venres 10 en Vilanova de Arousa, o martes 14 en Caldas de Reis e o mércores 22 en Zacande (Meis)--; A Coruña --o domingo 12 en Oroso, o mércores 15 en Cedeira, o luns 20 en Melide, o martes 21 en Betanzos; o mércores 29 en Visantoña (Santiso) e o venres 31 en Perillo (Oleiros)--; Lugo --o martes 7 en Escairón (O Saviñao), o mércores 8 en Quiroga--; e Ourense --o luns 6 en Neves de Grixoa (San Amaro) e o xoves 30 en Vences (Monterrei)--; ademais de Portugal --o xoves 9 en Sendim (Miranda do Douro)--.

No conxunto de España estarán en León --o sábado 4 en Páramo del Sil e o 11 en Noceda del Bierzo--, Zamora --o domingo 5 en Buganes de Valverde, o luns 13 en Ferreruela de Tábara, o xoves 16 en Porto e o martes 28 en Toro--, Salamanca --o venres 17 en Guijuelo e o xoves 23 en Peñaranda de Bracamonte--, Madrid --o sábado 18 en Serranillos del Valle e o venres 24 en Robledo de Chavela--, Cuenca --o sábado 25 en Iniesta--, Valladolid --o domingo 19 en Pollos--, Valencia --o domingo 26 en Requena-- e Zaragoza --o luns 27 en Zuera--, nalgúns casos en varias ocasións.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).

A forza e o éxito co que se desenvolveu a xira especial pola Península en 2017 provocou que a demanda da formación fose en aumento, ademais de repetir en varias das localidades ás que Panorama chegou o pasado ano por primeira vez. “Para nós é un auténtico luxo poder levar o noso espectáculo a diversos puntos do país, onde xa fomos ben acollidos o pasado verán”, sinala o director, Manuel-Lito Garrido.

Con todo, a organización da xira permite que a principal orquesta galega teña en Galicia o epicentro da súa actividade, con 15 actuacións no mes de agosto, mentres que no resto do país ofertará 14 e en Portugal tan só unha. “No que vai de ano traballouse moito en Galicia e esta oportunidade de saír a outras comunidades facilita tamén dar un pequeno respiro e evitar calquera risco de saturar ao público”, engade Lito.

XIRA 'DELUXE TOUR'

Panorama, con 30 anos de historia e unha das maiores e mellores montaxes e espectáculos de España, desenvolve este verán a súa xira ‘Deluxe Tour’, cun ‘show’ audiovisual totalmente novo e dunha calidade excepcional, ao que engade un repertorio moi variado e renovado, xunto a unha posta en escena ao máis alto nivel, completando no seu conxunto un grande espectáculo de máis de tres horas.

“Ao preparar cada novo espectáculo hai que arriesgar, e nós é o que facemos cada ano. Buscamos ter sobre o escenario os temas de maior actualidade, combinados con algúns que xa son clásicos de Panorama, e todo iso cunha amplia variedade de estilos para chegar a públicos de todas as idades e gustos”, explica Lito.

AMPLIO REPERTORIO

Deste xeito, despois dun inicio trepidante con sendas versións de ‘Roar’ e ‘Dark Horse’, de Katy Perry, ambientadas cunha posta en escena espectacular, Panorama da paso a un concerto que non deixa nin un só segundo para o aburrimento, con todos os temas de máxima actualidade e tamén aqueles que acompañan habitualmente á orquestra, ademais da ‘Hora Loca’, na que, no medio dunha grande dosis de humor, recórdanse cancións do verán de anos atrás.

A posta en escena, no seu conxunto, é un impresionante despregue de medios audiovisuais, co que Panorama acompaña á calidade do seu equipo artístico e musical, así como ao coidado e, ao mesmo tempo, innovador e chamativo vestiario, e a unha serie de coreografías de primero nivel, que fan do espectáculo algo único, irrepetible e impactante.

O PÚBLICO, O MÁIS IMPORTANTE

Todo este traballo sobre o escenario compleméntase con algo característico de Panorama: a conexión co público e a interactuación constante entre a orquestra e a xente que baila e corea cada tema dende abaixo. “Para nós esta parte do traballo é fundamental, e, unha vez que está en marcha, a festa vai crecendo e fainos disfrutar a todos, ao público e a todos os artistas que estamos enriba del”, matiza Lito.

“Queremos que os nosos seguidores e o público en xeral sexan os grandes protagonistas de cada noite e xuntos disfrutemos de máis de tres horas de diversión. Pola nosa parte, sempre estamos ao 100% e poñendo todo o noso empeño, enerxía e ilusión para dar resposta ás expectativas xeneradas”.

“Este ano o obxectivo era crear una xira ‘Deluxe’, ao igual que é un luxo para nós poder contar cada noite con toda a xente que ven ver e disfrutar das nosas actuacións en Galicia, Asturias e no resto de España e Portugal. A todos eles estamos adicándolles esta homenaxe con todo o noso cariño e afecto”, engade o director da formación.

É importante resaltar o agradecemento da orquestra Panorama a todas as comisión de festas e concellos que fan un esforzo importante para contar coa formación nas súas celebracións. “Sen ese impresionante traballo, moitas veces durante todo o ano, nada sería posible; ao igual que tampouco o sería sen todo ese público que temos a fortuna de ver cada noite. A todos eles, o noso máis grande agradecemento”, resalta Lito.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 UnRockeroHeaviton

Un artículo muy interesante. La verdad es que para todas las bandas de rock que se precien es super importante conectar con su público y estas fechas de verano son una oportunidad genial para que todos los rockeros puedan disfrutar de los conciertos de estas bandas. Por supuesto que independiemente de la banda a la que vayan a ver no pueden ir sin las camisetas de sus grupos de rock favoritos, como las que encontré en esta web https://derock.net/camisetas-bandas... aqui tenían de todas las bandas y grupos de rock y heavy metal q te puedas imaginar.