Orro, en Culleredo, unhas festas que "reivindican o produto da terra"

Orro está a piques de iniciar a súa Festa Patronal, desta vez Solidaria e de Kilómetro Cero, onde se poderá gozar dun gran xantar popular, xogos para os máis cativos, música, circo e deporte.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/08/2018 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

San Salvador de Orro acolle unhas este sábado 4 e domingo 5 de agosto unhas festas patronais solidarias moi especiais nas que poñer en valor o produto local e a cultura xenuina. E ademais, para todos os públicos. Os beneficios da Festa destinaranse á restauración do patrimonio local e outras continxencias comúns que se identifiquen para a vila.

Culleredo
Culleredo

Cun cordeiro ao espeto ecolóxico e de Kilómetro Cero elaborado polo mestre cociñeiro do Asador de Vilanova, a comisión de festas quere reivindicar o produto da terra e de proximidade mediante un gran xantar popular que servirá para financiar as actividades da
xornada do sábado. Haberá menús completos e mais racións de cordeiro e paella e outros productos de proximidade.

A xornada comezará con xogos populares para a rapazada, un partido de fútbol e
mais actuacións circenses e acrobáticas a cargo de “Circanelo” e “Sue Moreno”. Actuarán
tamén os grupos locais “Perfusión”, “Pan sen Fron”, “Juanpiños” e dende Barcelona, viaxará ata Orro a música de “Balkumbia” para poñer a guinda final coa súa gran voz e instrumental. O peche estará a cargo de Dj.Chafarico, para non parar de bailar. No vermouth do domingo haberá callos de balde a cargo do Restaurante O Sombreiro e tamén concerto do Grupo de Folk-Rock “Folkólicos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta