O xornal francés "Le Monde" eloxia o "encanto salvaxe" das Illas Cíes

A area branca e delgada, as augas turquesas, as dunas, os golfiños e as gaivotas, os bosques de piñeiro e eucaliptos... o xornal francés describe a beleza do noso fráxil ecosistema e considera as Illas Cíes como "as máis caribeñas do Estado".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/08/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Que esquezan as "Virgen Islands" no mar Caribe porque non é preciso coller un avión intercontinental "para xogar a ser Robinson Crusoe". A descuberta é en barco, rumbo ás Illas Cíes, traxectoria atlántica. Así é como mira o xornal Le Monde ás Illas Cíes, como aquel "ecosistema fráxil" con "encanto salvaxe" e "area fina" que foi tamén "refuxio para piratas".

Praia De Rodas, En Las Illas Cíes
Praia De Rodas, En Las Illas Cíes

O artigo, escrito polo correspondente Sandrine Morel, pon en valor a non masificación deste "paraíso" ao explicar que as autoridades locais limitan o acceso a 2.200 persoas por día. Porque, sinala, "as illas Cíes non teñen habitantes". E tampouco "electricidade ou coches que perturben o seu encanto". Pero teñen golfiños, dunas, gaivotas, rutas de piñeiros e eucaliptos, rochas de montaña, toxo... E tres restaurantes "un pouco decadentes e nada fachendosos".

A publicación tamén ten palabras para a que fora nomeada en 2007 polo diario británico The Guardian como "a praia máis fermosa do mundo", a tranquila praia de Rodas. E lembra que as Illas Cíes son tamén as "illas dos deuses", xa que a lenda local explica como as escuras e bravas augas do Atlántico bateron nas rochas e mudaron a cor cando "Deus decidiu descansar no sétimo día da Creación". 

Pero hai unha diferenza fundamental entre as augas cristalinas do Caribe a as augas galegas. Algo que o artigo cualifica como "o único inconveniente": estas as nosas augas non son axeitadas para os friorentos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Tanto rollo cas illas cíes, estarían mellor se non lle desen corda ao Abelino, un dia baila o cha-cha-cha e ao dia seguinete o rocanrol