Temas: NIGRáN

Prohiben o baño nunha zona de Nigrán por unha mancha de gasóil

A principal hipótese é que a mancha veña dun sentinazo, limpeza dos tanques dun barco.

Por E.P. | VIGO | 02/08/2018 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A aparición dunha mancha de gasoil no mar, preto da beira en Praia América, en Nigrán (Pontevedra), obrigou a prohibir o baño nesa zona do areal, segundo confirmaron fontes de Protección Civil do Val Miñor.

Praia América, Nigrán Pontevedra.
Praia América, Nigrán Pontevedra.

Sobre as 13,20 horas deste xoves un particular alertou ao 112 Galicia da presenza dunha mancha, que podería ser unha vertedura de gasoil, nunha zona da auga moi próxima á beira. Emerxencias trasladoulle o aviso a Salvamento Marítimo e Protección Civil.

Segundo informou Protección Civil do Val Miñor, a principal hipótese é que a mancha proceda dun 'sentinazo' (limpeza dos tanques dun barco). Polo momento acoutouse a área onde está a vertedura e informouse aos bañistas para que se trasladen a outras zonas do areal.

No lugar permanecen Protección Civil e unha dotación da Policía Local de Nigrán, ademais dos efectivos de socorrismo de Praia América.

Temas: NIGRáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta