Falece un dos feridos no incendio do catamarán do Grove

O falecido, de 70 anos de idade, faleceu na mañá deste venres por complicacións derivadas das lesións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2018 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Un dos feridos no incendio rexistrado nun catamarán que navegaba o pasado día 24 de xullo no Grove faleceu na mañá deste venres por complicacións derivadas das lesións, segundo informaron fontes da Consellería de Sanidade.

Incendio en un catamarán en Illa da Toxa, O Grove (Pontevedra). XUNTA
Incendio en un catamarán en Illa da Toxa, O Grove (Pontevedra). XUNTA | Fonte: Europa Press

O falecido, de 70 anos e veciño de Guadalajara, permanecía ingresado desde o día do accidente na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O pasado 24 de xullo, os efectivos de emerxencias rescataron a polo menos 46 persoas que viaxaban a bordo dun catamarán que sufriu un incendio a bordo, nas proximidades da Illa da Toxa (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta