Detida unha muller en Ribeira en relación ao apuñalamento dun home de 42 anos, que permanece ingresado

A muller pasará a disposición xudicial a mañá deste sábado ante os Xulgados de Ribeira (A Coruña).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2018 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Unha muller, de orixe suramericana, permanece detida en relación ao apuñalamento este xoves dun home de 42 anos, nun local de hostalaría de Ribeira, que permanece ingresado no Complexo Clínico Universitario de Santiago (CHUS) debido ás lesións sufridas.

Xulgados de Ribeira
Xulgados de Ribeira

A Policía Nacional da localidade abriu unha investigación para determinar as causas do suceso, que tivo lugar ao redor das 19,00 horas, no transcurso da que se concretará se a muller, tamén residente neste municipio coruñés, estaría implicada no apuñalamento sufrido polo home cando se atopaba nun establecemento de hostalaría. Fontes do TSXG informaron que está previsto que a muller pase a disposición xudicial durante a mañá do sábado ante o Xulgado número 1 en funcións de garda de Ribeira. 

Até o lugar do suceso, desprazouse na tarde do xoves unha ambulancia asistencial de urxencias sanitarias de Galicia 061, que trasladou ao home, de 42 anos, A.G.T., ao Hospital do Barbanza, do que foi máis tarde derivado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, no que permanece ingresado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta