O alcalde de Oleiros reclama transporte á Xunta levando tres burros á delegación da Coruña

Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños, presentouse este venres con tres burros diante o Edificio Administrativo da Xunta na Coruña para denunciar o "boicot" da Administración autonómica á chegada do transporte público urbano á praia de Santa Cristina.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/08/2018 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O rexedor adoptou esta medida a "modo satírico" para denunciar a "burrocracia" e reclamar que se axilicen os trámites burocráticos e poida materializarse a proposta municipal para que o bus urbano da Coruña 1A chegue até a praia de Santa Cristina, no municipio de Oleiros.

Protesta del Ayuntamiento de Oleiros ante la Xunta. AYUNTAMIENTO DE OLEIROS
Protesta del Ayuntamiento de Oleiros ante la Xunta. AYUNTAMIENTO DE OLEIROS | Fonte: Europa Press

O alcalde acusa o Executivo galego de manter un "boicot" á súa proposta, pese ao acordo alcanzado no mes de abril. "É lamentable que estando todos de acordo, Xunta, Concello da Coruña e Oleiros e a Compañía de Tranvías, os cidadáns seguen sen poder utilizar este transporte", argumentou.

Para García Seoane, "incomprensiblemente, a Xunta está a dilatar os prazos e pondo numerosas trabas burocráticas" a unha proposta que o rexedor volveu a defender no seu acto reivindicativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta