Temas: 061 FOLGA

Persoal do Grupo Norte únese á folga indefinida polo traslado do 061

O persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona o Grupo Norte e que se encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias da Xunta, súmase este sábado á folga indefinida contra o traslado "forzoso" das dependencias á Estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2018 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Desde o pasado mércores, día 1 de agosto, o persoal sanitario deste servizo permanece en paro indefinido para reclamar "unha compensación xusta" polo cambio de localización do seu centro de traballo desde as instalacións de Santiago de Compostela até o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias da Estrada (Pontevedra).

Concentración de traballadores do 061 en San Marcos, Santiago. REMITIDA SINDICATOS
Concentración de traballadores do 061 en San Marcos, Santiago. REMITIDA SINDICATOS | Fonte: Europa Press

Segundo explicou o sindicato CIG, os empregados do Grupo Norte aproveitarán a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todos os luns, sábados e festivos de 12,00 a 14,00 horas e de 19,00 a 21,00 horas. Ademais, participarán nunha concentración ante as instalacións do servizo en San Marcos.

Pola súa banda, o persoal estatutario do servizo de Urxencias Sanitarias 061 continúa coa folga indefinida iniciada o pasado mércores sen chegar polo momento a un achegamento de posturas coa Administración.

Temas: 061 FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta