GC Aberto
Temas: ELECCIóNS

Indra, a que escruta o teu voto

Tras ser sancionada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) por ter creado un cártel para encarecer a contratación pública, a Administración debe impedir que a empresa Indra concorra a licitacións á vez de rescindirlle os contratos vixentes.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 09/08/2018

Comparte esta noticia

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Indra, é unha empresa do IBEX 35 que a pesar de estar participada como primeiro accionista pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais ( SEPI), ofrece á Administración pública unha longa lista de produtos e servizos, é dicir, trátase de “un xigante corporativo con moi boas relacións co Estado ”, que curiosamente, ten o seu principal cliente contractual na función pública.

 

Entre as súas múltiples actividades, cabe referir que desde hai 38 anos a multinacional española é a encargada do escrutinio electoral en España. sendo quen realizou a maioría de recontos provisionais das eleccións en cuxa función se detectaron fallos no sistema electrónico utilizado, que fixeron saltar as alarmas dunha "fraude electoral".

 

Unha probabilidade cuxa consumación non é en absoluto imposible, senón tan probable como fácil de levar a cabo; pois basta con alterar o “código fonte” do programa empregado, para obter o resultado pretendido en lugar do real, sendo tal variación pouco menos que de imposible detección.

 

Decisión mais que probable se consideramos a composición do seu  staff directivo, as manobras empregadas polos seus membros, a enredada envolvente da súa actividade mercantil e as súas comprometidas connotacións co ámbito financeiro e o mais degradante da esfera política.

 

A absoluta falta de escrúpulos e os lazos políticos da multinacional tecnolóxica foi posta de manifesto pola Unidade Central Operativa ( UCO) da Garda Civil, encargada de investigar a operación Lezo, cando a través dun informe elaborado para o efecto concluíu que a compañía tivo un papel decisivo no financiamento ilegal do Partido Popular de Madrid, ao que desviou miles de euros públicos mediante empresas pantalla cuxo importe foi sufragado con fondos que saíron do erario público mediante adxudicacións infladas.

 

Pero a cousa vai mais alá, pois agora sabemos igualmente as súas implicacións co caso Púnica, a través das revelacións dun alto cargo da Comunidad de Madrid, quen sostivo ante o xuíz que a Canle de Isabel II foi usado como tapadeira para custear con diñeiro público os traballos de reputación da imaxe na internet dos expresidentes Esperanza Aguirre e Ignacio González onde utilizou unha empresa interposta. 

 

Tal é así, que ata a propia Indra admite que non pode xustificar pagos por un monto dun millón de euros que acabou na caixa B de Xénova 13, e di non saber por que abonou facturas a empresas investigadas por desviar diñeiro público ás campañas electorais do Partido Popular de Madrid.

 

 É incuestionable que Indra resulta ser a conexión en infinidade de escándalos como a súa intermediación no pago a xuíces fiscais e secretarios xudiciais da comunidade autónoma de Madrid en concepto de asesores dun proxecto tecnolóxico., Como así mesmo favorecer os pelotazos dos descendentes dos ex presidentes Felipe González e Jordi Pujol a través de vantaxosos contratos que raian no inaudito.

 

Resulta obvio que para levar a termo tan escuras e ilícitas manobras, era condición "sine qua non" dispoñer de fontes de ingresos suficientes para sufragar a súa consumación, sendo agora cando a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC), dando curso a denuncia dun anónimo despexa a incógnita, ao sancionar a Indra xunto a outras compañías tecnolóxicas coas que formou un cártel para repartirse e encarecer artificialmente contratos públicos. 

 

Pero o realmente obsceno é, que para tal confabulación contou coa colaboración imprescindible da propia Administración, pois foi a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT),a Seguridade Social e o Servizo Público de Emprego ( SEPE), quen consentiu que Indra interviñese na redacción de pregos de concursos públicos que esta firma utilizou posteriormente facendo apaños  xunto a outras mercantís tecnolóxicas coas que constituíu un cártel que contraviniendo a Lei de Contratos do Sector Público repartíanse e encarecían artificiosamente o importe das adxudicacións públicas en transaccións relacionadas coa informática e o tratamento de datos. 

 

Os feitos expostos veñen indicar que a administración contratante non só tiña coñecemento preciso da existencia de tan anómala alteración do mercado, senón que mesmo xogara un papel dirixente na utilización de tan atípica práctica durante os 15anos de aplicación, e cuxa repercusión en prexuízo das arcas públicas é con fartura superior á sanción dos 29,9 millóns que lles foron impostos aos infractores. 

 

Sendo obrigado proceder vía hixienización da función pública a través de expurga de responsabilidades, ata lograr que máis aló de confabulacións e enredos sexa a Lei de Contratación Pública quen marque a pauta

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Será por todo iso que os Holandeses volveron ao voto en papel e urna nas súas últimas eleccións ? Será que estamos vivindo unha inflación dos medios dixitais sen garantía algunha de SEGURIDADE e TRANSPARENCIA ? Será que estamos tan afeitos ás Redes Sociais que xa damos por bo calquera resultado que aparece nas pantallas ? https://i.gal/gamela16 O malo deste conto é que a ninguén parece interesarlle demasiado o tema...