Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2018 | Actualizada ás 13:41
A práctica totalidade da provincia de Ourense permanece este sábado en risco extremo de incendio, situación na que tamén se atopan outras áreas da xeografía galega como a comarca de Santiago, o sur da provincia da Coruña, O Salnés, a costa de Ferrol, zonas interiores de Lugo e a conca do Miño ao seu paso por Pontevedra.
Así figura no Índice de risco de incendio forestal (IRDI), que publica diariamente a Consellería de Medio Rural e no que se observa que o risco é alto --por enriba do 56%-- en case toda a comunidade, coa excepción das zonas interiores da Costa da Morte e o nordés de Lugo.
Deste xeito, o risco de incendio é moi alto no interior das provincias de Lugo e A Coruña; mentres que é extremo en case todo Ourense, Santiago, a conca do Ulla e o Miño, O Salnés e a Costa Ártabra. Para o establecemento do IRDI tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o das infraestruturas preventivas, das masas arbóreas e o do chan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.