Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2018 | Actualizada ás 11:04
Un condutor, de 69 anos, faleceu e outro ocupante do vehículo, de 47, resultou ferido nun accidente ocorrido na noite deste sábado no concello pontevedrés de Arbo, no que o coche no que viaxaban sufriu unha saída de vía e acabou precipitándose a unha leira situada a cinco metros de altura.
Segundo a información facilitada polo servizo de emerxencias do 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 23,30 horas, na zona do Escampado, en Cabeiras. Até o lugar, a Central de Coordinación das 061 Urxencias Sanitarias de Galicia trasladou a unha ambulancia asistencial, unha ambulancia medicalizada do 061 e persoal sanitario da PAC da Cañiza.
O 112 solicitou tamén a colaboracion dos Bombeiros de Ponteareas, aínda que cando chegaron ao lugar do accidente a vítima estaba fóra do vehículo e o equipo médico xa se atopaba realizando prácticas de reanimación.
Con todo, a pesar dos esforzos do equipo sanitario, nada se puido facer por salvar a vida do condutor, un home de 69 anos, A.G.A., que faleceu no lugar do sinistro. A outra persona que resultou ferida no accidente, F.P.L., de 47 anos, foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.