Só a modificación da lei do Solo pararía definitivamente a planta de residuos de Teo

Nunha reunión do alcalde e concelleira de Urbanismo de Teo coa Consellería de Medio Ambiente, comunicóuselles que a exposición pública do proxecto se adiantaría a setembro. O Concello veríase obrigado a apurar prazos para ter listo o seu informe de compatibilidade urbanística. Os veciños están convencidos que as datas apuntadas por Medio Ambiente da Xunta serán as que se cumpran.

Por Galicia Confidencial | Teo | 07/08/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos emitiu esta mañá unha nota de prensa para informar sobre a reunión celebrada o 6 de agosto pola noite entre representantes de veciños e do Concello. Nesa nota a Plataforma afirma con seguridade que en setembro será a exposición pública do proxecto para a planta de reciclaxe de Casalonga. Tamén se mostran convencidos de que será nas mesmas datas cando o consistorio expoña o informe de compatibilidade. “Independentemente do resultado do informe de compatibilidade urbanística a plataforma plantexa varias vías de acción porque sabe que a empresa non vai a darse por vencida” di a Plataforma na súa nota de prensa.

Canteira de Casalonga
Canteira de Casalonga | Fonte: Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Aínda que fontes do Concello non teñen moi seguro se as datas para presentar alegacións serán en setembro, a Plataforma na súa nota de prensa sobre a reunión co Concello di: “Nela (na reunión do 6 de agosto) confirma que será en setembro cando ésta (a Xunta) inicie o período de exposición pública do proxecto da planta de residuos da Casalonga”. A preocupación dos veciños e veciñas fixo que preguntasen sobre a elaboración do informe de compatibilidade urbanística do Concello, necesario para construir as instalacións proxectadas. A mesma nota di que as datas previstas para presentar o informe municipal “o concello sinala o mes de setembro”.

No caso de que o informe de compatibilidade resultase negativo, a Xunta de Galicia “dí que se pechará o procedemento deste proxecto” sinala a nota da Plataforma. Non obstante, os veciños e veciñas, segundo apuntan no seu comunicado, son conscientes que a negativa municipal pode ser levada aos tribunais e así o informe municipal podería quedar invalidado, entón o gobreno galego serían quen aprobaría ou non o proxecto. A empresa tamén podería presentar outra iniciativa similar e a ela iría engadindo modificiacións. A Plataforma de darse as dúas circunstancias, podería presentarse nos tribunais e para a outra vía a posibilidade sería esperar ao período de alegacións e así presentar alegacións, ademais de esperar outro informe de compatibilidade urbanística. “A plataforma estima que a empresa optará polas dúas vías” di na nota de prensa.

Sobre os compromisos políticos, a Plataforma di que “O PP de Galicia, a raíz da nosa insistencia, comprometeuse de xeito verbal coa Plataforma a traballar a partir de setembro nos cambios lexislativos necesarios para que esta planta e outras similares non se podan instalar en lugares como A Casalonga”. Para isto, o Paralmento de Galicia tería tamén que apurar prazos para que os cambios lexislativos estivesen listos en outono.

REUNIÓN CONCELLO-XUNTA

O pasado tres de agosto, o alcalde de Teo e a concelleira de Urbanismo reuníronse na Consellería de Medio Ambiente, coa Directora Xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira e a Directora Xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas.

Durante a reunión tratáronse diferentes afirmacións “incluso dende as filas do Partido Popular e concretamente na figura da deputada Paula Prado que indicaban un interés da Xunta en acometer un cambio normativo que impediría a colocación da planta” como indica a nota sobre o encontro na web do Concello. Pero como apunta a mesma nota da  web municipal “a realidade é ben distinta, e dende as direccións xerais de Urbanismo e de Calidade Ambiental non teñen previsto ningún cambio normativo concreto a medio prazo, nin modificación da lei do solo nin cambio do PRIGA (Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022)” segundo palabras do alcalde, Rafael Sisto. Tamén na nota sinalan que “ desde a dirección xeral de Urbanismo defendeuse na xuntanza o uso do solo rústico para este tipo de actividades e outras perigosas como as pirotecnias”.

Logo da reunión, Rafael Sisto declarou que a postura das entidades autonómicas “deixa á veciñanza de Teo e a propio Concello con escasa marxe de manobra diante desta ameaza, xa que como se ten comentado, o único xeito de evitala de maneira permanente é unha modificación lexislativa”. Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo Uxía Lemus, apuntou que “tamén se nos comentou que o prazo de exposición pública do proxecto se adiantará a setembro, un cambio de dinámica sobre a información que se tiña trasladado ao Concello” quen quixo deixar claro que “dende urbanismo seguimos traballando no informe de compatibilidade urbanística e dende os servizos técnicos síguense mantendo encontros de asesoramento para ter un informe o máis garantista posible”.

A cuestión que se traslada agora é que só os cambios na Lei do Solo de Galicia ou no PRIGA. O caso é que a lei do Solo de Galicia permite, entre outras moitas actuacións sobre chan rústico, a instalación por exemplo de naves pirotécnicas. O PRIGA pola súa parte di nun dos seus artigos que os proxectos como o de Casalonga terán que ser colocados “preferentemente en polígonos industriais”. Isto deixa a libre interpretación sobre onde convén ou non a instalación das plantas de residuos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta