Temas: FúTBOL AMES

Unha xogadora de Ames, no mundial de fútbol sub-20

Nuria Rábano, do Real Club Deportivo da Coruña SAD, vive con ilusión o seu primeiro campionato do mundo logo do éxito acadado na pasada Eurocopa disputada en Irlanda do Norte hai un ano.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostelaa | 07/08/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Despois de proclamarse campioa de Europa sub-19 o pasado ano, aínda co infortunio de lesionarse no segundo encontro da fase de grupos, a xogadora amesá Nuria Rábano repite convocatoria coa selección de España sub-20 que debutou este luns na IX Copa Mundial Feminina de Fútbol desta categoría.

A selección feminina
A selección feminina | Fonte: Concello de Ames

O combinado nacional derrotou con contundencia a Paraguay por 4-1, nun encontro no que a xogadora amesá do Real Club Deportivo da Coruña SAD non tivo ocasión de saltar ao terreo de xogo. O Mundial dispútase dende o pasado domingo en Francia e prolongarase ata o día 24 de agosto. Un mundial no que o seleccionador nacional feminino sub-20, Pedro López, volveu confiar na amesá Nuria Rábano para formar parte do grupo que disputa a fase final do Mundial en Francia.

Pese a non xogar no partido fronte a Paraguay, a futbolista amesá vive con ilusión o seu primeiro campionato do mundo, logo do éxito acadado na pasada Eurocopa disputada en Irlanda do Norte hai un ano. O seguinte partido xogarase contra Xapón e pode ser decisivo para as dúas seleccións, xa que o combinado nipón derrotou no seu debut a Estados Unidos por 1-0. España e Xapón chegan así con 3 puntos a un partido que pode, en caso de vitoria, selar o pase a cuartos de final.

O último partido da fase de grupos para España disputarase o próximo luns, 13 de agosto, fronte a Estados Unidos. Dúas rivais, nipoas e norteamericanas, que son claras aspirantes a chegar moi lonxe neste Mundial. A boa tempada da futbolista amesá no Real Club Deportivo da Coruña SAD non pasou desapercibida para o seleccionador nacional Pedro López, gran coñecedor desta xeración de futbolistas coas que está a traballar desde o ano 2015. Aos seus 19 anos, Nuria é xa un referente nas convocatorias a nivel nacional e segue a medrar como futbolista nas filas do club herculino.

Temas: FúTBOL AMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta