Temas: PP BNG RISGA

O BNG reclama cambios no proxecto da Risga e acusa de "interese electoral" ao PP por presentalo en agosto

A deputada do BNG Montse Prado demandou que se inclúa suxestións de colectivos que traballan neste ámbito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2018 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Montse Prado demandou que se "reformule" o proxecto de Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), para que inclúa suxestións de colectivos que traballan neste ámbito, á vez que tacha de "interese electoral" que a proposta se presentase en agosto, "tras catro anos de atrasos".

Montse Prado. Europa Press - Archivo
Montse Prado. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Estas acusacións foron plasmadas, este martes, nun comunicado de prensa no que a responsable de política social do Bloque reivindicou que a axuda para a inclusión social "debe estar garantida e ser suficiente, digna, eficaz, accesible e efectiva", e non responder "á axenda electoral do Partido Popular", que presentou a Risga con "nocturnidade e aleivosía".

Así mesmo, reclamou que se amplíe o prazo de exposición pública do proxecto da axuda --que conta con 15 días para a presentación de alegacións--, como mínimo, até o 30 de setembro para recoller as emendas e propostas da cidadanía e profesionais que traballan no terreo da pobreza e a exclusión.

Estas peticións serán defendidas no Parlamento pola formación nacionalista ao considerar que é un proxecto "que non cumpre as expectativas das persoas ás que debe ir destinado", porque ofrece un "complemento de aluguer insuficiente", segundo as consideracións da portavoz de política social. Ademais, Prado apunta a que debe "incorporar as suxestións" dos distintos colectivos para ser "digna e respectuosa" coas persoas beneficiarias.

Temas: PP BNG RISGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta