Temas: PP

Políticas do PP galego contribúen a difundir unha noticia falsa sobre a vicepresidenta Calvo e o queixo de tetilla

A deputada por Ourense Ana Vázquez Blanco e a líder dos 'populares' na Coruña, Rosa Gallego, dan credibilidade e comparten que "Carmen Calvo exige que desaparezca el queso Tetilla por considerarlo sexista", artigo satírico publicado en ESdiario.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/08/2018 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

"Carmen Calvo exige que desaparezca el queso Tetilla por considerarlo sexista". Este é o titular dunha noticia falsa publicada polo medio dixital ultraconservador ESdiario, na súa sección satírica El Pato Cojo.

A deputada do PP Ana Vázquez Blanco contribúe a difundir unha noticia falsa.
A deputada do PP Ana Vázquez Blanco contribúe a difundir unha noticia falsa.

Malia tratarse dunha falacia sobre a vicepresidenta e ministra de Igualdade do Goberno central, non foron poucos os que lle deron veracidade e contribuíron a difundir nas redes o fake, incluídas dúas destacadas políticas do PP de Galicia: Rosa Gallego —deputada provincial, concelleira e portavoz do Grupo Municipal do PP e secretaria xeral do partido na Coruña, e a deputada no Congreso Ana Vázquez Blanco —menbro do Comité Executivo Nacional que lidera Pablo Casado—.

Foi precisamente esta última —Vázquez Blanco— a que, sen dubidalo, compartiu en Twitter a falsa noticia dándolle credibilidade, ou cando menos tentando confundir a opinión pública. Nun chío, compartía a ligazón do artigo e comentaba sobre a vicepresidenta socialista: "Xfavor la que dice q el dinero público no es de nadie, q no pise Galicia...Ahora nos prohíbe el #quesotetilla q se hace en Galicia desde el S.XI. Carmen Calvo exige que desaparezca el queso Tetilla por considerarlo sexista".

Tampouco dubidou a súa compañeira de filas Rosa Gallego en comentar e redifundir a falsa noticia. Noutro comentario que outorga credibilidade á falsidade, dicía: "No tendrá nada mejor que hacer la Ministra? Lo mejor será que siga de vacaciones".

Vale todo en política? Ou é ignorancia?

A líder do PP da Coruña Rosa Gallego contribúe a difundir unha noticia falsa.
A líder do PP da Coruña Rosa Gallego contribúe a difundir unha noticia falsa.

Temas: PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta