O Defensor do Paciente urxe á ministra de Sanidade a poñer orde ante os "graves problemas" deste servizo

Pídeo un día despois de demandar a Fiscalía que investigue a morte dun home na PAC da Estrada sen atención médica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Defensor do Paciente dirixiuse este mércores á ministra de Sanidade, Carmen Montón, para urxirlle a poñer orde ante os "graves problemas e acontecementos continuados e evitables" que, ao seu modo de ver, acontecen en España neste servizo público.

Sala de espera do Sergas
Sala de espera do Sergas

Nun comunicado, a presidenta da institución, Carmen Flores tachou de "desvastadora" a "caída do sistema sanitario", ao que cualifica como "bazofia" porque "a unha paciente con cancro non se lle dá o fármaco que necesita ou está en lista de espera", exemplifiou.

"Rogámoslle que actúe xa e que poña encima da mesa solucións", demandou o Defensor do Paciente, á vez que lle pide ao Ministerio "achegar ás comunidades medios suficientes" porque, engade, "ao touro da sanidade se lle colle polos cornos e se lle mantén con vida".

"Volver ser un exemplo de sanidade non é máis que pór sentido común e responsabilidade (...). Esperemos que con seriedade, responsabilidade, e non de cara á galería ou por mercadotecnia, se tomen decisións", sentenciou.

MORTE NO PAC DA ESTRADA

Esta petición á ministra prodúcese despois de que este martes o Defensor do Paciente solicitase á Fiscalía que investigue a morte o pasado sábado dun home de 65 anos sen atención médica no PAC da Estrada (Pontevedra), á vez que reclama que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sexa destituído do seu cargo pola súa "nefasta xestión".

A través dunha carta enviada este luns ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, Carmen Flores pide que se investigue o sucedido e que a Xunta asuma "as responsabilidades". Na tarde do pasado sábado, un home de 65 anos faleceu na PAC da Estrada, que nese momento carecía de equipo médico, xa que o único que traballaba ese día se atopaba atendendo unha urxencia.

"Chegamos a unha situación de sanidade que é case terceiromundista, onde as persoas perden a súa vida por unha xestión ineficaz que pon en risco aos pacientes e esta é unha das mostras desgraciadas do que está a ocorrer en Galicia", indica o Defensor na súa misiva dirixida a Suanzes.

Ademais, reclama a destitución do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pola "nefasta xestión que está a levarse a cabo en Galicia e a morte deste paciente, que é a pinga que colmou un vaso xa demasiado cheo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta