O Sergas recoñece que non resolve o 10% das urxencias que chegan aos PAC

Asegura que o número de médicos de familia incrementouse nun 7% no últimos nove anos. O PPdeG pide que non se politice a morte da Estrada, mentres que toda a oposición pide responsabilidades pola falla de medios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destacou que os Puntos de Atención Continuada (PAC) resolven máis do 90% das urxencias que atenden e que o número de médicos de familia incrementouse nun 7% nos últimos anos.

PAC da Estrada
PAC da Estrada | Fonte: EP

A Consellería de Sanidade remitiu un comunicado aos medios este mércores, xornada na que os grupos políticos denunciaron falta de persoal nestes centros despois de que se coñecese que o pasado sábado un home de 65 anos faleceu no PAC da Estrada sen recibir atención médica.

Respecto diso, Sanidade sinalou que, ao longo de todo o ano 2017, a 91 PAC distribuídos pola xeografía galega atenderon un total de 1.548.278 urxencias, das que resolveron o 91% sen necesidade de que fosen derivadas a un centro hospitalario.

"En consecuencia, o Sergas quere destacar aos magníficos profesionais que desenvolven o seu labor nestes dispositivos, que fan un traballo importantísimo non só para o noso sistema sanitario senón tamén para a nosa sociedade", asegurou o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña.

Ademais de destacar o importante labor que realizan os PAC para atender as necesidades sanitarias da poboación, o Sergas remarcou que representantes das direccións xerais de Recursos Humanos e Asistencia Sanitaria participan na comisión técnica constituída para analizar a situación destes puntos, órgano no que se aborda a dotación de prazas así como cuestións como a distancia e a dispersión.

"Coa constitución desta comisión técnica e as súas correspondentes reunións, a próxima está prevista para setembro, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña ratifica o seu compromiso de diálogo co pCRÍTICASersoal, así como de analizar as súas reivindicacións", subliñou a Consellería.

"APOSTA POLA SANIDADE PÚBLICA"

Ademais, tamén destacou que a sanidade pública galega conta, a día de hoxe, con 1.544 profesionais máis que fai nove anos (36.506 en 2008/ e 38.050 en 2017). Tamén apuntou que o número de médicos de familia incrementouse nun 7%, pasando de 2.434 en 2008 a 2.601 en 2017.

"A Consellería de Sanidade continúa, pois, co seu compromiso de ir alcanzando maiores cotas de estabilidade do seu persoal", sinalou o departamento autonómico, que lembra que as ofertas públicas de emprego dos últimos anos centráronse na categoría de médicos, especialmente de atención primaria. Sobre este punto, referiuse tamén á celebración, no próximo mes de novembro, de probas para cubrir 214 prazas de médico de familia.

Por último, apunta que "a falta de médicos é un problema que non só afecta ao Sergas, senón a todo o Sistema Nacional de Saúde" polo que Galicia "participa nun grupo de traballo formado polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas para abordar esta cuestión".

CRÍTICAS

Pero estas expliacións non convencen aos grupos da oposición que piden que se depuren responsabilidades polo acontecido na Estrada. Así, este mércores, o BNG pediu que se investigue o acontecido porque "non foi froito da casualidade". Tamén En Marea alertou que o acontecido pode volver a repetrise e o PSdeG pedíu a comparecencia do conselleiro de Sanidade. Pola súa banda, o PPdeG esixiulle á oposición que non politice esta morte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CAAVEIRA DE CRISTAL

o titular e engañoso, pois ise 10 por cento e derivado as urxencias hospitalarias nas ambulancias do 061... de feito teñen 2 números de servizo polo mesmo pacente... que a marea comunista e rastreira caia na demagoxia non nos debe abraiar a ninguen, non sigan por ise camino de degradar os servizos públicos - hoxe o vin incluso entre as sabas comprobado pola miña presenza FORMIGAS NO CHUO na zona HH--.www.laregion.es/articulo/noticias...hormigas...hospital.../20180808110320815008.ht... hace 5 horas Ourense · 11:02 h. ... Pacientes y hormigas conviven en el hospital nuevo ... que conviven pacientes y hormigas en el nuevo hospital llevan varios días campando a sus anchas y que no digan ... - https://www.youtube.com/watch?v=H_2...