O PP reclama teloneiros locais para substituir a Abel Caballero nos concertos de Castrelos

O PP di que coa chegada de Caballero á alcaldía, "borraron" dos carteis os grupos locais.

Por E.P. | VIGO | 09/08/2018 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo reclamou este xoves que se dea a oportunidade a artistas e grupos locais de actuar como teloneiros nos grandes concertos do verán, algo que se facía hai anos, en lugar de que sexa o alcalde, Abel Caballero, quen preceda as actuacións con "mitins". Así o manifestou o edil 'popular' Diego Gago, quen acusou ao rexedor de utilizar a cultura como "un elemento político e partidista".

Abel Caballero
Abel Caballero

Así, denunciou que, coa chegada de Caballero á alcaldía, "borrouse" dos carteis aos grupos locais, que tiñan a oportunidade de tocar ante numeroso público e nun "marco incomparable" na súa cidade.

Gago lamentou que, en lugar de apoiar a estes grupos e á cultura local, o rexedor aproveita eses eventos para "lanzar mitins populistas, demagóxicos e narcisistas" e "os vigueses xa están cansos de escoitar sempre o mesmo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

pois semella que os cidadáns de Vigo non deben estar moi cansos... ata agora ninguén asubiou nin pitou ao alcalde nas súas intervencións en Castrelos... !!! Certo que a privatización da cultura vai ser a norma a partires do novo curso a xulgar polos prezos que figuran na Programación do MARCO // DISIDENCIAS por 190 €urazos de nada! http://www.marcovigo.com/sites/defa... Diso non fala o PP de Vigo ? Será que nese tema están dacordo os dous partidos ?