O Paseo Marítimo de Sada, flores para os represaliados

O paseo marítimo de Sada homenaxea aos sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chás e Xoan Antón Suárez Picallo no 82 aniversario do seu asasinato.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os falanxistas entraron en Sada o 23 de xullo do 1936 e foi Juan Antón Suárez Picallo quen expuxo, ante eles, os seus principios e o seu rexeitamento ao golpe. E un falanxista quixo reaccionar pero foi a multitude quen golpeu e prendeu. Pero chegaron máis efectivos e tomaron a vila sen dificultade. Antón Suárez Picallo, Antón Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas, José Mosquera Rey e o dirixente comunista Gumersindo Montero, agóchanse en Meirás. Aos tres primeiros ríndeselles homenaxe este sábado 11 de agosto no Paseo Marítimo de Sada, a partir das 21:30. 

Fusilados republicanos durante a Guerra Civil
Fusilados republicanos durante a Guerra Civil | Fonte: historiayarte.blogsopot.com

Porque cando os sindicalistas Antón Suárez Picallo, Antón Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas deixaron Meirás e se agocharon nunha casa da Agra do Orzán, ao pouco chegaron as torturas e os asasinatos. A noite do 11 para o 12 de agosto. E os seus cadáveres apareceron o día 12 no monte de Abeleiras, na parroquia de Veigue.

Son as familias dos represaliados as que organizan, e colaboran a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Nun acto no que, xunto ao monólito aos represaliados polo Franquismo en Sada, terá lugar a ofrenda floral para recordar que hai 82 anos, tres sindicalistas foron detidos, torturados, e asasinados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se queremos Verdade e Xustiza deberamos comezar polo final do réxime franquista (un período que está máis perto de nós e do que ninguén quere siquera falar!) https://i.gal/gamela04