Faíscas do tren e da liña eléctrica, as causantes de dous incendios na provincia de Ourense

Axentes ambientais do distrito forestal XII na provincia de Ourense resolveron as causas de dous incendios rexistrados os pasados días 15 de xullo e 7 de agosto, en Taboadela e en Cartelle, e fontes consultadas apuntan a "neglixencias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Axentes ambientais do distrito forestal XII na provincia de Ourense resolveron as causas de dous incendios rexistrados os pasados días 15 de xullo e 7 de agosto, en Taboadela e en Cartelle, respectivamente. No primeiro dos casos, foron as faíscas do tren as que provocaron o lume, mentres que no segundo, debeuse á liña eléctrica.

Un dos incendios esclarecidos, en Taboadela (Ourense). REMITIDA
Un dos incendios esclarecidos, en Taboadela (Ourense). REMITIDA | Fonte: Europa Press

Segundo fontes deste servizo consultadas por Europa Press, o incendio de Taboadela debeuse a "neglixencias", xa que os freos do tren estaban "en mal estado". As marxes da vía tiñan herba seca, debido ao herbicida aplicado. Neste punto arderon 0,04 hectáreas de matogueira.

No segundo dos casos, en Cartelle, este martes 7 de agosto, unha liña eléctrica foi a causante doutro lume que calcinou 0,45 hectáreas de arboledo. A investigación desenvolveuse mediante a aplicación do método das evidencias físicas e despois dela os resultados serán postos en coñecemento da xustiza, apuntan as mesmas fontes.

POTENCIAR AS BIIF

Por outra banda, os axentes ambientais reclaman unha das 30 medidas que o presidente da Xunta anunciou após a vaga de incendios do pasado outubro, a de potenciar as BIIF (brigadas de investigación de incendios forestais) con tres compoñentes, "algo que --critican-- até a data non sucedeu". Tamén esperan ter unha "pronta inclusión" nas relacións de postos de traballo da Consellería de Medio Rural e que se lles dote de "medios acordes ao seu labor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta