Temas: FERROL ACCIDENTE

Un traballador ferido por un disparo fortuíto dun vixiante nas obras de acceso ferroviario ao porto de Ferrol

Unha persona que traballa nas obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol resultou ferida por un disparo fortuíto da arma dun vixiante de seguridade que tamén presta os seus servizos na zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Unha persoa que traballa nas obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol resultou ferida por un disparo fortuíto da arma dun vixiante de seguridade que tamén presta os seus servizos na zona.

Navantia Ferrol. NAVANTIA
Navantia Ferrol. NAVANTIA

O impacto, segundo informa o Porto de Ferrol, foi superficial; no entanto, o afectado foi trasladado a centro hospitalario. Os feitos ocorreron ao comezo da mañá deste venres, durante o desenvolvemento ordinario dos traballos. Tanto o ferido como o vixiante de seguridade pertencen a dúas empresas subcontratistas da unión temporal de empresas adxudicataria do proxecto.

Temas: FERROL ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta