Gonzalo Cabellero: "Feijóo montou un numerito coa liquidación do IVE"

Caballero destaca que é o Goberno socialista quen traballa para "dar solucións" fronte ao "espectáculo electoral" do presidente da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou o "numerito" montado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao redor da liquidación do IVE do ano 2017 e os seus efectos para o financiamento autonómico das distintas comunidades para 2019, un "problema" que atribúe ao Goberno do popular Mariano Rajoy.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Todo iso despois de que a semana pasada Feijóo acusase o Goberno de Sánchez de "quedar" con 198 millóns de euros de Galicia, aínda que ao termo da reunión mantida este xoves coa ministra do ramo, María Jesús Montero, o máximo mandatario autonómico admitiu sentirse "máis tranquilo" e "coa convicción" de que o asunto se arranxará.

"Feijóo ten que constatar, e así o fixo onte, que cada vez que vai a Madrid se atopa cun Goberno que consegue compromisos para Galicia e dá solucións aos problemas xerados na etapa do Partido Popular", manifestou Gonzalo Caballero. Neste sentido, censurou que Feijóo tratase de facer un "espectáculo electoral" coas súas reclamacións para beneficiar a un Partido Popular ao que "non lle saen as contas". "Ve que está en caída electoral en España e en Galicia, que afronta o próximo período electoral nunha situación adversa", sinalou Caballero.

Así mesmo, o tamén profesor de Economía da Universidade de Vigo (UVigo) explicou que o problema xerado ao redor da liquidación do IVE afecta "o conxunto" de autonomías e non só a Galicia.

RECLAMA LEALDADE

"Mentres moitas comunidades traballan de forma leal e trasladan ao Goberno no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) os problemas do modelo Montoro-Feijóo, o presidente da Xunta decidiu montar un espectáculo para tentar manterse na idea da confrontación", apuntou.

Fronte a esta actitude, Gonzalo Caballero advertiu a Núñez Feijóo que "os socialistas galegos" non lle van a "permitir" que "tente salvar os seus mobles a través de espectáculos e numeritos" cando "é o Goberno socialista o que traballa para dar solucións". E é que, segundo denunciou, "este Feijóo que tanto defende a Galicia, non defendía a Galicia ante o Partido Popular, cando estes tomaban decisións que non beneficiaban aos galegos".

Precisamente, neste punto, tamén censurou que prefira optar pola confrontación ao "tomar decisións que impiden un maior gasto autonómico" en materias como os servizos sociais ou a sanidade cando a ministra de Economía, Nadia Calviño, "chegou a un acordo con Bruxelas" que permite unha senda de financiamento "máis relaxado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta