UGT denuncia a "precariedade" laboral dos mozos galegos, que perciben os salarios máis baixos de Galicia

A taxa de paro xuvenil supera o 19% e sitúase cinco puntos por enriba do resto de grupos de idade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2018 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O sindicato UGT Galicia denunciou a "precariedade" laboral dos mozos galegos, cuxa taxa de paro é superior ao do resto de idades, sofren máis temporalidade --nun 50 por cento dos casos-- e perciben salarios máis baixos que os demais traballadores.

Traballadora.
Traballadora.

Así o advirte o sindicato nun informe sobre a situación laboral deste colectivo, realizado sobre a Enquisa de Poboación Activa (EPA) cos datos referentes ao período entre o segundo trimestre de 2017 e a mesma data de 2018.

A organización sindical sinalou a diminución da taxa de paro de menores de 35 anos en 10.400 persoas, pero matizou que existe unha "alarmante perda" de poboación activa, que ascende até os 13.500 mozos.

Ademais, UXT destacou o "paro de longa duración" que afecta a este grupo de idade, que en Galicia chega ao 30,6 por cento, o que significa que case un terzo dos mozos desempregados levan máis dun ano no paro.

EMPREGOS PRECARIOS

Por outra banda, este informe tamén sinala que o 21,1 por cento da mocidade cun posto de traballo posúe un contrato a tempo parcial, dos que o 56,2% argumentan que non puideron atopar un emprego a xornada completa.

Estas cifras tradúcense, para o sindicato, como un signo de "precarización" respecto ao tipo de contrato e, consecuentemente, ao salario que perciben, un 22 por cento inferior que o resto de grupos de idade.

Despois da recompilación de datos, UXT cualificou a realidade do mercado laboral dos mozos galegos como "precaria, inestable e sen dereitos", unha situación que achaca ás "deficientes políticas de emprego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta