O Sergas destaca que realizou no primeiro semestre de 2018 máis de 110.000 intervencións cirúrxicas

O balance de actividade reflicte un aumento global de toda a actividade

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2018 | Actualizada ás 14:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destacou que realizou no primeiro semestre de 2018 un total 110.374 intervencións cirúrxicas, 534 máis que no mesmo período de 2017.

Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo
Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo | Fonte: Europa Press

Diso informou nun comunicado, no que sinala que da totalidade de intervencións, 93.413 foron programadas e 16.961 urxentes. Ademais, o 54% foron ambulatorias polo que non necesitaron estancia hospitalaria do paciente.

En canto aos ingresos, o Sergas explicou que, no primeiros seis meses do ano, realizou un total de 127.349 ingresos, o que supón 3.107 máis que no ano anterior (un incremento do 2,5%). Do total de ingresos, 32.721 foros programados e 94.628 non programados.

A Consellería de Sanidade tamén sinalou que segue incrementando a actividade nos hospitais de día, coa realización de 153.804 sesións entre xaneiro e xuño de 2018, 9.938 máis que respecto ao primeiro semestre do ano anterior. A hospitalización a domicilio rexistrou 3.233 ingresos (56 máis que en 2017).

NÚMERO DE CONSULTAS

Con respecto ao número de consultas, entre xaneiro e xuño de 2018 realizáronse 16.204.670, das que 13,4 foron en Atención Primaria e 2.799.268 foron nos hospitais (25.374 máis en hospitais). Ademais, neste semestre realizáronse 64.959 consultas non presenciais, 10.066 máis que no mesmo período do ano anterior (18,34%).

Tamén se realizaron un total de 1.650.135 probas diagnósticas, o que supón, segundo indicou a Xunta, practicar 13.096 probas ao día en 126 días laborais. Esta cifra supón practicamente 1.000 probas ao día máis que no primeiro semestre de 2017.

ÁREA DE URXENCIAS

Ademais, o Sergas atendeu entre xaneiro e xuño de 2018 un total de 1.276.987 urxencias, 19.300 máis que en 2017. Isto supón a atención de máis de 7.000 urxencias aos días. O 60,12% das urxencias resolvéronse en atención primaria e o 39,88% nos hospitais.

Os centros hospitalarios do Sergas atenderon neste período 8.142 urxencias máis que no primeiro semestre de 2017; en total 509.253 nos hospitais.

Así mesmo, nas urxencias de atención primase (Puntos de Atención Continuada) neste período, atendéronse 767.734 urxencias (11.158 máis que no ano anterior). A Xunta destacou que este dispositivo continúa cun alto índice de resolución sen necesidade de derivar a urxencias do hospital, situándose no 90,37%.

Por outra banda, o 061 rexistrou 554.573 chamadas (977 chamadas máis que no mesmo período de 2017). Tamén se incrementaron os procesos asistenciais en 4.448, coa realización dun total de 222.566. O 36% dos procesos atendidos polo 061 resolvéronse sen necesidade de recursos e un 64% si precisaron mobilización.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Será contando as intervencións de callos...!!!