Fito: a Selección Galega feminina, primeira campioa de Europa de fútbol gaélico

Imponse á favorita, Francia, na prórroga 28-24 nun histórico campionato, o primeiro Europeo de fútbol gaélico, no marco do Festival Intercéltico de Lorient. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Lorient | 12/08/2018 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

Un fito para o deporte galego. A Selección Galega feminina de fútbol gaélico proclamouse campioa de Europa ao derrotar a favorita, Francia 28-24 logo dunha histórica remontada e na prórroga.

A Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico, campioa de Europa en Lorient
A Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico, campioa de Europa en Lorient | Fonte: Selección Galega.

Foi un partido intenso e moi igualado, no que as galegas demostraron ser as mellores de Europa fronte a que estaba considerada a selección máis potente.

Ao final da primeira parte, Galicia perdía 9-12, tras unha remontada das francesas. Pero no segundo tempo, as nosas foron quen de igualar o marcador e forzar a prórroga. Foi no tempo extra no que as galegas demostraron o seu potencial e completaron un campionato extraordinario do que saen campioas e invictas. Ao final, Galicia 28, Francia 24.

As rapazas remataron así un campionato extraordinario no que na fase previa venceron á Bretaña 26-5, a Alemaña 33-2 e a propia Francia, á que as heroínas galegas se impuxeron 18-7 antes da final.

A este fito deportivo súmase o subcampionato europeo acadado pola Selección Galega masculina, que caeu na final fronte a Francia 15-10.

A Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico, campioa de Europa en Lorient
A Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico, campioa de Europa en Lorient | Fonte: Selección Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta