Buscan a un home de 81 anos desaparecido o domingo en San Sadurniño

Garda Civil, Protección Civil, familiares e veciños participan no operativo de procura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2018 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Un operativo trata de dar cun home de 81 anos, Ramón Veiga Díaz, desaparecido o domingo da súa casa do lugar de Castiñeira, na parroquia de Igrexafeita, do municipio coruñés de San Sadurmiño.

San Sadurniño
San Sadurniño | Fonte: Rías Altas

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo, a familia denunciou a desaparición á Garda Civil, que puxo en marcha un dispositivo no que participaron, ademais dos axentes deste corpo, efectivos de Protección Civil de Narón, Miño e Pontedeume, así como familiares e veciños.

Pola súa banda, conforme aos datos achegados por SOS Desaparecidos, o home leva posto pantalón gris, camisa de cadros e podería levar gorra ou chapeu cando saíu da súa casa. A petición do alcalde de San Sadurniño e a través do servizo de emerxencias do 112 activouse tamén, para colaborar na procura, a colaboración da Asociación de Cans de Salvamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta