Detido un home en Santiago por agredir á súa muller e ameazala cun coitelo

A detención produciuse após a chamada dunha muller que solicitaba presenza policial polas agresións do seu marido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2018 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Un home foi detido o domingo en Santiago por agredir á súa muller na vivenda do matrimonio na rúa Pastoriza e ameazala cun coitelo.

esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,
esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, a detención produciuse após a chamada dunha muller que solicitaba presenza policial polas agresións do seu marido.

Unha vez no lugar, os axentes observan á muller vestida con roupa de durmir e descalza. Esta trasladou aos policías que fuxira do seu domicilio polos golpes recibidos. Após iso, recibiu asistencia médica e foi trasladada a un centro hospitalario.

Posteriormente, os homes trasladáronse á vivenda na que ocorreron os feitos, onde procederon a identificar o individuo e a detelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta