A facturación da industria galega rexistra a segunda maior alza entre comunidades en xuño

A entrada de pedidos volve a terreo positivo cun aumento do 5,5%

| 13/08/2018 | Actualizada ás 19:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A facturación da industria galega experimentou un incremento do 8,4% en xuño en comparación co mesmo mes do ano pasado, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Traballador cun exoesqueleto na planta de Vigo. GRUPO PSA - Archivo
Traballador cun exoesqueleto na planta de Vigo. GRUPO PSA - Archivo | Fonte: Europa Press

Deste xeito, Galicia rexistra a segunda maior alza interanual entre comunidades, só superada por Navarra (+12,5%). O avance galego está catro puntos por riba da media española (+4,3%).

De media no que vai de ano --entre xaneiro e xuño-- o aumento das vendas da industria galega é do 9,3%. Tamén é o segundo maior en España, neste caso con Asturias á cabeza (+11%). A media estatal é do 5,4%.

Así, a industria galega acumula tres subidas interanuais consecutivas. En abril (+21,4%) produciuse o maior aumento en Galicia da serie histórica, após o que chegaron os avances de maio (+10,2%) e xuño (+8,4%). Todo iso, despois da caída do 1,1% de marzo.

No tocante á entrada de pedidos, hai un aumento do 5,5% en Galicia en xuño fronte a 12 meses antes. Así, volve a terreo positivo despois de baixar un 3,8% en maio.

Aquí, a entrada de pedidos da industria galega ten a sexta maior subida entre comunidades, que lidera Asturias (+14%), e está tres puntos por encima da media estatal (+2,4%). De medida no primeiro semestre hai un avance do 2,9%, menor que o do conxunto de comunidades (+5,2%).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta