Logo da Xunta, agora é o 112 Galicia ao que piden que se comunique en castelán

Salta de novo a polémica en redes sociais ao esixiren ás institucións e organismos galegos que utilicen o español.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2018 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Hai uns días, Luis del Pino, director do programa 'Sin Complejos' en esRadio —editado pola ultradereitista Libertad Digital— esixía á Xunta de Galicia que se comunicase en castelán nas canles en redes sociais. Esta teima por querer impoñer o español ás institucións e organismos galegos contaxiouse. Agora foi o centro de emerxencias 112 Galicia o que recibiu as críticas por comunicarse na lingua propia do país.

Esixen o 112 Galicia que se comunique en español nas redes sociais.
Esixen o 112 Galicia que se comunique en español nas redes sociais.

Foi a raíz das informacións sobre o accidente no Marisquiño de Vigo que o 112 está actualizando nas súas redes sociais. A un dos seus comunicados, unha usuaria de Twitter contestou: "Sí escribieras en castellano supiera mejor lo que quieres decir...".

A resposta do 112 foi ofrecerlle a información traducida ao castelán: "La foto muestra como está ahora el #Marisquiño18, donde por la noche resultaron heridas más de 200 personas tras derrumbarse la plataforma de madera del Náutico de #Vigo. Todas fueron evacuadas a distintos hospitales. No constan fallecidos ni desaparecidos".

"Así si [sic] que lo entiendo", contestou a usuaria @Maria30886739.

Isto non pasou indiferente para moitos. Por exemplo, desde a plaforma ProLingua contestaron: "Moitas grazas ao @112Galicia polo seu traballo diario. E moitas grazas por comunicárnolo no noso idioma. (Se alguén precisa tradución: https://academia.gal/dicionario).

Outros, con sorna, tamén dixeron: "Se o puxeran en inglés non protestarían" (@Portobelo314159), "Coreano! Ese lo entendemos todos sin problema" (@Iriagal) ou "¿Qué querrá decir con “persoas”? ¿Y con “derrumbarse plataforma a madeira”? Puf... me ha entrado dolor de cabeza sólo de intentar descifrarlo" (@d0ublethinking).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 María Manuela

Se Maria soubera escribir castelán... Si sen til, actuando de condicional e "sabría" non "supiera": "si escribieras en castellano sabría mejor lo que quieres decir"