Temas: ACCIDENTE AP-9

Sofre unha crise de ansiedade logo de incendiárselle o coche na AP-9

Foron varios os particulares que, sobre as 12,30 horas, alertaron ao 112 dun coche ardendo na AP-9, á altura de Portela, dirección A Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2018 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Unha muller sufriu unha crise de ansiedade este martes ao incendiarse o vehículo que conducía ao seu paso por Barro (Pontevedra) na autoestrada AP-9, segundo informa o 112. Foron varios os particulares que, sobre as 12,30 horas, alertaron ao 112 dun coche ardendo na AP-9, á altura de Portela, dirección A Coruña.

Autopista AP9 Chapela cara a Vigo
Autopista AP9 Chapela cara a Vigo

Segundo indicaron as testemuñas, a condutora atopábase fóra do turismo, estaba ben pero moi nerviosa. Por iso, ademais de solicitar a intervención dos Bombeiros do Salnés, o 112 requiriu a intervención do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico. Unha ambulancia do 061 desprazouse ata o punto indicado.

Temas: ACCIDENTE AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta