O Concello de Vigo asegura que "cumpriu escrupulosamente" coas normas de autoprotección

O Concello de Vigo respondeu así á Xunta despois de recibir da empresa organizadora de Ou Marisquiño o plan de autoprotección, que foi validado posteriormente polos técnicos municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Así respondeu o goberno local á Administración autonómica, que este mesmo martes constatou que no rexistro oficial de plans de autoprotección da Dirección Xeral de Emerxencias "non hai constancia da inscrición do plan de seguridade correspondente" ao festival da cidade olívica, "a pesar de ser un dos requisitos legais para obter a licenza por parte do Concello de Vigo".

O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño
O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño | Fonte: Miguel Núñez

Neste sentido, o Consistorio confirmou que recibiu un correo electrónico o día 17 de xullo no que a organización asegura que o plan ""selaríase na Xunta e pasaríase ao Porto de Vigo". "Sorprende que, ante a notoriedade e magnitude do evento, a Xunta non tomase ningunha medida e permanecese pasiva" ao non recibir o documento, esgrimiu o goberno municipal.

Así mesmo, o Concello mostra a súa "estrañeza" ante o feito de que tanto a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudisen á entrega de premios dunha das categorías da competición "sen verificar antes que os promotores entregasen o plan de autoprotección".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta