Temas: ACCIDENTE COCHE

Un home resulta ferido ao caer co seu vehículo por un desnivel en Pazos de Borbén

A vítima quedou atrapaba no interior do turismo e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño

Por E.P. | PONTEVEDRA | 15/08/2018 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido na mañá deste mércores ao caer por un desnivel duns 15 metros cando circulaba co seu vehículo polo lugar de Sequeiros, no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén.

Accidente de coche
Accidente de coche

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou do accidente sobre as 9,40 horas deste mércores. En concreto, a vítima quedou atrapaba no interior do turismo e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño.

Despois de recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 informou, ademais da os Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, aos servizos do 061-Urxencias Sanitarias, así como á Garda Civil de Tráfico. Unha vez liberado, o home foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico.

Temas: ACCIDENTE COCHE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta