O Concello de Vigo habilitará un gabinete psicolóxico para os feridos no Marisquiño

A tramitación administrativa realizarase por procedemento de urxencia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/08/2018 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Concello de Vigo habilitará un gabinete psicolóxico para atender os afectados polo derrube dunha zona do paseo das Avenidas durante un dos concertos do festival O Marisquiño, polo que máis de 400 persoas tiveron que recibir asistencia médica.

Unha das feridas no accidente no Marisquiño en Vigo, nunha ambulancia coa súa nai
Unha das feridas no accidente no Marisquiño en Vigo, nunha ambulancia coa súa nai | Fonte: Miguel Núñez.

Segundo explicou o Consistorio nun comunicado, o alcalde, Abel Caballero, deu instrucións para pór en marcha o vindeiro venres —primeiro día laborable en Vigo— a pertinente tramitación administrativa para que o Concello poida habilitar este servizo.

A tramitación administrativa, conforme explicou o goberno local, realizarase por procedemento de urxencia e, tan axiña como estea dispoñible este gabinete, comunicarase para poder atender a todos os afectados que así o necesiten.

O alcalde trasladou, unha vez máis, que a maior atención do goberno local é para "as persoas danadas" e que a vontade do Consistorio é "porlles á súa disposición todo o que poidan necesitar". Ademais, volveu a mostrar o seu agarimo e o seu afecto aos feridos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta