Dous feridos nun choque entre tres vehículos en Gondomar (Pontevedra)

Dúas persoas resultaron feridas e foron evacuadas este venres por mor dun accidente no que se viron implicados tres vehículos na Ramallosa, no municipio pontevedrés de Gondomar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2018 | Actualizada ás 11:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas e foron evacuadas este venres por mor dun accidente no que se viron implicados tres vehículos na Ramallosa, no municipio pontevedrés de Gondomar.

Segundo informa o 112, tratouse dun choque por alcance do que alertou un particular sobre as 20,15 horas.

Tal e como informou esta persona, non parecía que houbese feridos pero, finalmente, as dúas persoas necesitaron ser evacuadas. Ademais, un menor que viaxaba nun dos turismos implicados tivo que ser atendido no lugar ao sufrir unha crise nerviosa.

O 112 Galicia informou do sucedido á Policía Local, ao 061, aos efectivos de Protección Civil e aos membros do GES de Val Miñor.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta