Mobilizados un helicóptero e submarinistas en Monforte na busca dun sesaxenario desaparecido

O home de 64 anos leva desaparecido desde o 4 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2018 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Submarinistas do grupo especial de actividades subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un helicóptero da Policía Nacional buscan polo río Cabe a un veciño de Monforte de Lemos (Lugo) de 64 anos desaparecido desde o pasado 4 de agosto.

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

Segundo informaron a Europa Press fontes da Subdelegación do Goberno na provincia, este novo operativo de procura comezou sobre as 9,15 da mañá deste sábado.

As pescudas contan tamén coa colaboración da Policía Local e a Garda Civil. A Policía Nacional indicou que a última vez que o veciño foi visto foi polo municipio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta