Fernández Lores: "Que a miña candidatura se manteña durante vinte anos, pois eu penso que é algo interesante"

Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, 1954) repetirá candidatura á alcaldía de Pontevedra para as municipais de 2019. Sería a sexta lexislatura no consistorio pontevedrés. Considera que o proxecto para a cidade aínda non rematou e que outros fan propostas como a "tómbola del perrito piloto". Sobre cuestións como as reivindicacións dentro de determinados sectores funcionariais do concello responde “é política”. Tamén insiste en que é "antitaurino" e que o convenio coa praza de touros "permite realizar calquera actividade".

Por Moncho Mariño | PONTEVEDRA | 19/08/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

-Xa está sentindo estes días a precampaña para as municipais?
Si, home! Ademais, nós, polo menos eu, decidín volver presentarme. Pero tamén PSOE, PP e a Marea tamén teñen feita a súa candidatura, polo menos a cabeza de lista en marcha. E xa estamos en modo campaña electoral. Estamos vendo propostas que son como a “tómbola del perrito piloto”, prometendo o que sexa, é dicir, hai unha campaña xa feita. Nós estamos traballando con certa continuidade porque temos a responsabilidade do goberno. Estamos ademais con moitísimos proxectos en marcha e con toda a tranquilidade posible.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

-Xa que se presenta outra vez como cabeza de lista do BNG, non son xa moitas lexislaturas as que leva no concello?
Eu entendo o tema ao revés. Debería ser loable ou resaltable que, non un alcalde, senón que un equipo estea realizando unha xestión máis ou menos interesante, novidosa e alternativa e que representa un referente a nivel mundial de actuación urbana. Que se manteña durante vinte anos, pois eu penso que é algo interesante, porque coa que está chovendo en todos os partidos e en todas as administracións e que non se sostén. Iso implica primeiro, que hai unha xestión seria e rigurosa, que é seria e honrada e valorada positivamente pola cidadanía. Porque hai que recoñecer que o BNG neste e noutros momentos ten unha incidencia social que non corresponde cunha maioría social dunha cidade. E pola contra, algo estaremos facendo ben para que a xente confíe no BNG e confíe neste equipo de goberno. E non foi por falta de intentos, de poñer en marcha o ventilador e meter a todo o mundo no mesmo saco. Fixeron intentos diferentes, pero nós estamos aquí traballando porque a cidadanía quere que esteamos aquí, traballando honradamente. E penso que o feito de seguir facendo e de que a xente demande que sigas, é unha vantaxe e algo loable. Non teño vergoña ningunha en dicir que estamos traballando ben, elaborando un proxecto de  modelos urbanos e municipais que leva moitos anos en facer. Non se poden facer en catro anos, nin en oito, probablemente nin en doce. Por tanto, que haxa esa continuidade é positivo. Pontevedra é unha das poucas cidades que medra a pesar da crise demográfica, a cidade máis xoven de Galicia, cunha natalidade importante e unha cidade que ten un índice de reposición dentro da xente en idade de traballar, pois moi alto.

"Algo estaremos facendo ben para que a xente confíe no BNG e confíe neste equipo de goberno"

-Están negociando con representantes da Policía Local tanto o aumento de salarios como equiparación en categorías profesionais?
Estamos negociando con todos. Nós nun momento determinado, fixemos unha R.P.T. (Relación de Postos de Traballo), que é a única maneira de facer unha suba salarial agora. Porque agora mesmo hai unha lexislación vixente que impide subir os salarios aos funcionarios agás o que digan os Presupuestos Generales del Estado. A única vía de subir os salarios é facer unha reforma dos postos de traballo, dos destinos, etc. Para facer unha RPT, contratamos unha empresa especializada para facer ese traballo. Non hai acordo entre os sindicatos para aceptar esta RPT. A Policía Local desmárcase porque quere unha suba especial para eles e non sei por que. Nós fixemos unha oferta entre o 12 e o 15%  de suba, pero por cuestións que non son profesionais, pois a un funcionario que lle suben o salario o normal é que acepte a proposta. Os outros posicionamentos son posicionamentos políticos que teñen que ver con intereses políticos, e eu creo que aí está detrás un partido claramente, que é o PP.

"Agora mesmo hai unha lexislación vixente que impide subir os salarios aos funcionarios"

Ence en Pontevedra
Ence en Pontevedra

-Non é moi forte sinalar directamente o PP neste asunto?
Non, porque a última manobra que quixeron realizar foi boicotear o pregón das festas. E este grupo de policías, non é toda a Policía Local en xeral, antes dese momento, estiveron abrazándose cos respresentantes do PP, e hai vídeos. Estamos en política municipal, pero política, e por tanto teño que facer unha lectura política de todo iso e non unha lectura laboral. Respectamos os dereitos laborais de todo o mundo e non se pode dicir de ningunha maneira, que funcionarios públicos do Concello de Pontevedra sufran algunha discriminación con respecto doutros traballadores doutras administracións e moito menos en xeral. Hai que ser razonable, isto non é unha cuestión laboral, aínda que no fondo hai unha cuestión de suba salarial esaxerada.

"Non é toda a Policía Local, antes dese momento, estiveron abrazándose con representantes do PP"

-E o tema Ence-Elnosa, non é unha espiña? Teñen ofertado algún tipo de solución desde o concello?
É unha espiña pero nós sabemos o que queremos, pero non temos as competencias para facelo. Ence e Elnosa, que están nun espazo marítimo-terrestre que queremos recuperar, dunha maneira razoable. E non é cuestión que o queira recuperar o Concello ou o BNG, é que dentro das directrices de ordenación do territorio e protección de costas, está recuperar espazos marítimo-terrestres e que non sexan imprescindibles para a actividade económica. Pero hai dous aspectos, unha cousa é Ence que ten un decreto de supramunicipalidade que fixo Fraga, que nos sacou a nós do medio para que a cousa proseguise adiante. Temos recorrido ese decreto de supramunicipalidade, temos recorrido a prórroga que fixo Mariano Rajoy, ademais en funcións. Esperamos que este goberno que conta coas forzas que nalgún momento se puxeron contra a continuidade de Ence, tome medidas para que non siga a continuidade. Outra cousa é Elnosa, que non ten decreto de supramunicipalidade, non lle afecta, só lle afecta a lei de costas e non ten interese xeral. Por tanto acabóuselle a concesión o 29 de xullo. Por tanto non pode ter continuidade, é unha empresa perigosa, ten almacenamento de cloro, está nun núcleo urbano e terá que ir para un polígono industrial desas características. Estamos no 2018 e segue producindo, non é serio.n 

"ENCE ten  un decreto de supramunicipalidade que fixo Fraga, que nos sacou a nós do medio"

-As touradas continuarán ou esperará que sexan abolidas polo propio estado?
Nós non temos competencias sobre este tema. Somos un concello antitaurino, o BNG é antitaurino e ademais votou contra os espectáculos taurinos. Outra cousa é que a competencia e a Lei de Protección Animal que quita as touradas desa mesma lei, permite os eventos taurinos. Pero resulta que hai unha praza privada, levada por unha empresa privada e nós non temos competencias para iso. Nós, desde que estamos no goberno deixamos de ir aos touros, de ter colaboración con eles. A única relación que temos coa praza de touros é un convenio polo que utilizamos esa praza para outros eventos que non teñan relación coas touradas, e por tanto, ese convenio, e quero deixalo ben claro, no caso de que non haxa touradas, nós teremos o convenio igual, para facer actividades deportivas, recepción cabalos ou para outras cousas. Ese convenio de 30.000 euros, permítenos realizar  calquera actividade e que nos funciona perfectamente. É un convenio beneficioso para a cidade. Se o Estado ou a Xunta deciden eliminar as touradas, o convenio sería o mesmo. A todos eses que se lles enche a boca como antitaurimos manteñen unha escola taurina en Madrid, ou Córdoba onde gobernou Esquerda Unida.

"Desde que estamos no goberno local, deixamos de ir aos touros"

-Que proxectos están abordando agora mesmo desde o Concello?
Agora mesmo hai moitos que teñen que ver coa administración local, que están relacionados co novo contrato da auga que está xa feito e que terá un investimento moi potente por esa adxudicación de vinte anos, un total de 60 millóns de euros en catro ou cinco anos. Con isto queremos rematar o saneamento rural. Agora mesmo falta nese terreo un 10%, pero é o máis caro  porque son as zonas máis alonxadas e por tanto teñen un gasto de 15.000 euros por vivenda para conectar o saneamento. Intentaremos conectar polo menos a parte máis proxíma á cidade dos nucleos rurais con abastecemento de auga, que neste momento non temos, pero rematamos hai pouco o proxecto co Estado e a empresa de augas Aqua Norte. Un proxecto de case 40 millóns de mellora de captación, tratamento  e almacenamento, logo unha rede de captación a 200 metros sobre o nivel do mar que nos permita conectar os núcleos rurais de Pontevedra, Marín, Poio e Sanxenxo e outros concellos. Pero agora temos que estender a rede en baixa, o que quere dicir que é un investimento ode 30 ou 40 millóns de euros. Parte dos cartos irán a rematar o saneamento e outra parte para comezar a implantación do abastecemento. Logo estamos coa circunvalación de Pontevedra, un compromiso co ministerio de Fomento. Hai varias obras da Xunta na cidade, logo de moitos anos, pero agora temos en marcha a ampliación do Hospital de Montecelo, nós poñemos uns 20 millóns de euros para mellorar acceso e abastecemento de auga, novos xulgados, mellorar un antigo edificio da Xunta para o Campus Crea, temos pendente resolver o nudo de Bombeiros co ministerio de Fomento e a ampliación do paseo marítimo ata Marín.Hai un proxecto  que é Máis Pontevedra, con fondos da UE e do Concello para mellorar o patrimonio histórico e residencias para xente maior e ONG. E tamén finalizar a rede de casas de cultura.

-Dentro das promesas da oposición, cal é a máis rechamante que escoitou?
Algúns propoñen un transporte interurbano que vai ter uns custes de 5 millóns para a cidade. Son ocorrencias, porque nesta cidade temos un modelo no que a maior parte dos desprazamentos intraurbanos se fan a pé. O que se usa é o transporte interurbano con outros concellos. Hai numerosas liñas de autobús que funcionan tamén como interurbanas. Temos que estudar como rendibilizalas ao máximo. E logo algunha actuación desde o Concello pero en coordinación con esas liñas interurbanas. Non somos partidarios de investir cinco millóns de euros nun transporte que non sexa operativo. Cando entramos no goberno local eliminamos dúas liñas de autobús urbano que  puxera o PP, que tiña unha media de dous ou tres usuarios.

-Logo de todos os traballos para darlle o aspecto actual á cidade, quen se queixa da fisonomía que ten agora a cidade?
Penso que de cara adentro ninguén. De cara a fóra, aquí cada quen ten que arrimar a brasa á súa sardiña. Faise moita demagoxia porque tés que darlle argumentos aos teus ou aos deles. Facémolo un pouco todos, pero cando estás facendo unha política que a xente sente que é todo o contrario, está condenado ao fracaso. Cando inciamos este proxecto, que é ofrecer unha cidade como un servizo público máis e onde hai convivencia e dinamismo e calidade de vida, primeiro houbo certa oposición, porque todos temos medo aos cambios. Outra parte tamén por cuestións políticas. Pero houbo sectores, como o da hostalería, que fixo campaña en contra, os máis importantes da cidade, agora din que estaban equivocados e que agora é unha cidade atractiva. Cando esta cidade retirou o 90% do tráfico que era inservible, en Pontevedra entraban 150.000 coches e só había aparcadoiros para quince mil, iso é tráfico de conxestión. Cando tomamos esa decisión pensaban que iría en detrimento do comercio. Totalmente ao revés, porque ninguén entra cun coche nunha libraría para merar un libro como dicía un señor. A cidade é para as persoas, medrou no centro, porque é unha cidade atractiva para vivir. Do que estou máis orgulloso é desa autoestima que teñen os pontevedreses de vivir na súa cidade. Grazas a un equipo, a uns funcionarios e a unha cidadanía excelentes. Por cuestións políticas, ben, o PP estivo contra a peonalización sempre, mesmo presentara un recurso que se resolveu hai oito anos. Porque sobre o espazo público si que temos competencias e as exercemos. E logo se á xente non lle gusta, votarán outras candidaturas, e noutras eleccións votarán a outras forzas políticas pero a cidadanía non é parva.

Protesta da Policía Local durante a lectura do pregón de Pontevedra
Protesta da Policía Local durante a lectura do pregón de Pontevedra
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

7 José

"Somos un concello antitaurino, o BNG é antitaurino e ademais votou contra os espectáculos taurinos". Non tes credibilidade. Demostra esa vontade. Fai un peri e un estudo de acompañamento para a reforma da contorna e o derrubo da praza, busca cartos para indemnizar á propriedade, declara a súa insalubridade por pragas..., fai algo! Mentres tanto, nas cuestións incómodas, mirar para outro lado, algo no que sodes especialistas algúns alcaldes e alcaldesas do bng, só vai desvendar a vosa mediocridade política.

1 Ben campeón

Quitou as subvencions desde o concello e desde a deputación pero os filopodemitas da Praza de Touros de Vista Alegre tumba que dálle con que hai que alugar "prazas de touros portátiles" para a Feira Franca. Tedes moita credibilidade vos no tema taurino si ho

6 Euloxio

Caciquismo BNG. Os que criticaban ao eterno Fraga calan coma p. en Pontevedra

1 Lloro porque se presenta

Claro hombre como hacen las mismas politicas y tal

2 Geluco

Enton Fidel Castro se tería que haber ido aos 8 anos,,,,que barbaridades comparar con Fraga ou Vazquez as xentes das Mareas e do PP non tragan ao Bng faga o que faga ,, está claro.

5 Googleando

«Nos llegan las ratas a casa» dicen en el barrio de Fonte Santa - La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es › l... El grupo socialista critica la proliferación de ratas en el barrio de Campolongo ... https://www.farodevigo.es › gru... Ratas, lixo, maleza e un muro en estado ruinoso en Casa ... [barrio Caritel]- Diario de Pontevedra https://www.diariodepontevedra.es › ...

1 Unodelbarrio

Yo vivo en Pontevedra y no las veo, ni tp huelo los.contenedores de compost.... Estoy seguro que hay más interés político que realidad en esas afirmaciones.

2 Xose

Os enlaces están mal postos, non dirixen as noticias mencionadas senón as portadas de ditos dirarios.

3 Dousdobarrio

https://www.google.es/search?q=rata...+barrio+pontevedra&oq=ra&aqs=chrome.1.69i60j35i39l2j69i60j69i61j69i60.2094j0j7&client=ms-android-bq&sourceid=chrome-mobile&ie=UTF-8 Caritel, Mollavao, Fonte Santa, Campolongo... Podemos presumir de alcalde e de ratazanas!!!

4 Xanc

Cando o de Podemos Pontevedra di que o BNG o está a facer ben en Pontevedra... https://www.diariodepontevedra.es/a... Non hai máis preguntas señoría

1 Loisc

Creo que as réplicas deste zasca chegan ao Padornelo! Forza BNG!

2 Foz

E desde quando o critério do dom niguem espanholista podemita fica por riba do dum galego comprometido? https://gz.diarioliberdade.org/gali... O BNG reproduz a bosta espanholeira!

3 M. Monge

Lores aclara: "noutras eleccións votarán a outras forzas políticas pero a cidadanía non é parva". Insulta con chulería, típico bocazas. Impresionante! Logo os de Pontevedra sodes diferentes ou os galegos que tamén votamos BNG nas autonómicas, estatais e nas europeas somos parvos? A verdade, manter este figura fai perder moitos máis votos no país dos que gaña en Pontevedra. Estamos ante a reencarnación de Paco Vázquez ou do curmán pequeno de Caballero, mágoa que o que tanto criticamos naqueles impresentables, que tanto danaron e danan ao PSOE, non o vexamos na nosa propia casa!

1 La pastillita loqui

Onvre loquito louzanista tu de nuevo. Por que no se presenta Louzán por Pontevedra a ver si saca mas votos quel tuyo