USO avisa sobre mobilizacións en aeroportos galegos para esixir melloras prometidas ao persoal de seguridade

A Unión Sindical Obreira (USO) asegurou este domingo que prepara mobilizacións nos aeroportos galegos, nas que incluirán a Renfe e ADIF, para esixir as melloras prometidas para o persoal de seguridade, algo que, afirma, está "a incumprirse".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2018 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Unión Sindical Obreira (USO) asegurou este domingo que prepara mobilizacións nos aeroportos galegos, nas que incluirán a Renfe e ADIF, para esixir as melloras prometidas para o persoal de seguridade, algo que, afirma, está "a incumprirse".

Aeroporto De Santiago de Compostela
Aeroporto De Santiago de Compostela

Nun comunicado, o sindicato lembra que, por mor da folga de vixiantes de seguridade no Aeroporto do Prat (Barcelona) o pasado ano, os ministerios de Fomento, Interior e Emprego acordaron con UXT, CC.OO. e empresarios a implementación de pluses para o persoal de seguridade privada en todo o Estado.

Ademais, tal e como apunta o secretario de organización de USO, Iván Blanco, este convenio recollía tamén "melloras para determinados servizos" como os de Renfe e Adif. Todo iso, critica, "está a quedar en papel mollado".

Neste sentido, Blanco acusa a UXT e CC.OO. de "enganar" ao sector da seguridade privada e de "hipotecarse de novo co Goberno de quenda" ao asinar un acordo "do que (ambas as organizacións) eran conscientes das dificultades" da súa aplicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta