Reciben o alta dous dos feridos en Vigo mentres permanece ingresado un único afectado

O ferido aínda ingresado está no CHUS de Santiago de Compostela que fora trasladado desde Vigo por petición da familia.

Por E.P. | VIGO | 20/08/2018 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Dous do tres pacientes feridos o accidente do Marisquiño e que aínda estaban hospitalizados, recibiron este luns o alta, de maneira que só un dos afectados permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), segundo confirmaron fontes da Consellería de Sanidade.

O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño
O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño | Fonte: Miguel Núñez

O único ferido que permanece hospitalizado fora ingresado inicialmente no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pero foi trasladado á capital compostelá por petición da familia --debido á proximidade do seu domicilio--.

O colapso de parte dun peirao en Vigo, cando se estaba celebrando o concerto de peche do Festival O Marisquiño, hai unha semana, provocou máis de 460 feridos, que foron atendidos no propio lugar do sinistro, nos PAC de Vigo e Redondela, e en diferentes hospitais da cidade olívica e de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta