Capturan máis dun milleiro de raíñas de avespa velutina en Boqueixón

A campaña "Axúdanos a loitar contra a velutina" desenvolvida polo Concello de Boqueixón conseguiu retirar arredor de medio cento de niños en distintas parroquias do municipio. Uns resultados que, segundo o alcalde, "non serían posibles sen a colaboración da veciñanza".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2018 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

"Axúdanos a loitar contra a velutina" deu comezo a finais de abril coa entrega de preto de 100 trampas e a primeira fase da campaña vén de concluir coa captura de máis de 1.000 raíñas desta especie invasora. As trampas repartíronse entre a veciñanza, á que o alcalde boqueixanés agradeceu os esforzos realizados. Manuel Fernández Munín tamén concretou  que "“a media de capturas foi de entre 10 e 15 raíñas por trampa colocada durante a primavera” e dende Protección Civil prestaron a súa colaboración para realizar un seguimento de ditas trampas.

Trampa vespa velutina
Trampa vespa velutina | Fonte: Cedida

Así, explicaron que durante as últimas semanas o Concello de Boqueixón está a recibir “entre dous e tres avisos diarios para realizar a retirada de niños en distintas parroquias”. Unhas medidas que se reforzan co labor da veciñanza que tamén levou a cabo a retirada de varios niños de avespa velutina nos seus terreos. 

Dende o Concello de Boqueixón lembran á veciñanza a necesidade de ter cautela á hora de rozar os seus terreos, xa que os niños se poden atopar entre os arbustos. “Deben ter moito coidado, porque pode resultar moi perigoso se tocan algún niño de avespa velutina”, explica Manuel Fernández Munín. Ante unha situación deste tipo, lémbrase aos veciños e veciñas que  deberán chamara Protección Civil ou ben ao 012.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lolo

Buen trabajo de todos