A Mancomunidade de Municipios da Mariña pide á Xunta que interveña para evitar o peche de Sargadelos

Subliña a "importancia" da fábrica "para a comarca e Galicia", polo que pide que "salga fortalecida" e "incremente a súa produtividade".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/08/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, pediu a intervención da Xunta para evitar o peche de Sargadelos, a fábrica de louza no municipio mariñán de Cervo. E é que o conselleiro delegado da empresa chegou a suxerir o posible peche, precedido do despedimento de 49 traballadores dun cadro de máis de cen, aburado pola "presión sindical", segundo argumenta.

Traballadora na cerámica de Sargadelos
Traballadora na cerámica de Sargadelos | Fonte: Concello de Cervo.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña apelou á "mediación" das "institucións que teñan capacidade de resolución", incluíndo aquí á Xunta de Galicia, e mesmo á Deputación de Lugo. "Hai institucións con capacidade de manobra, con capacidade económica e de entendemento para xuntar as partes" no litixio neste conflito laboral que relegou á suspensión de emprego á representante da UGT no comité de empresa, Rogelia Mariña.

Llano defende así que se "alcancen acordos", á vez que se compromete "a traballar" para que Sargadelos "salga fortalecida". "A Xunta debería de forzar reunións e garantías para que a xente estea tranquila", propón.

UNHA ENTIDADE QUE "POTENCIA" A MARIÑA

O presidente da Mancomunidade puxo o acento en que a entidade "trata de potenciar" A Mariña "en todos os aspectos, tanto no económico como no aspecto cultural ou etnográfico". Por iso, eríxea nunha "empresa singular e tan importantísima". E é que Sargadelos, para Llano, "non é só o que produce senón o que representa para a comarca e para Galicia", polo que é, engade, "unha cuestión moi importante" a preservar. "Hai que tratar de que isto nin sequera sexa unha ameaza, que a empresa salga para adiante", mantén.

Alfredo Llano tira de historia, dado que dita fábrica de louza en Cervo se fundaba a principios do século XIX, en 1806, por Raimundo Ibáñez. "Hai que ter en conta que esta empresa nos representa a todos, a toda a comarca e a toda Galicia. Hai moitísima historia, moita cultura, moita arte, moita creatividade e moito traballo. Imos ser serios todos, procurando axudar no que sexa posible para que quede como empresa de referencia e incremente a súa produtividade", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta