Os socialistas tamén reclamarán que a Xunta declare como "praga" a presenza de velutina

O deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, afeou á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que dese como resposta que había que "convivir" co devandito insecto invasor á vez que negaba que o goberno galego tivese "competencias" para a dita declaración

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2018 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, anunciou que o seu grupo volverá, co novo curso parlamentario no mes de setembro, a pedir á Xunta que declare como "praga" a presenza da vespa velutina ou vespa asiática. O parlamentario por Lugo lembrou que o PSdeG "presentou desde principios desta lexislatura distintas iniciativas en relación coa praga da velutina", sen obter resposta.

Niño de avispa asiática. ANECPLA - Archivo
Niño de avispa asiática. ANECPLA - Archivo | Fonte: Europa Press

Álvarez afeou á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que dese como resposta, hai unha semana en Lugo, que hai que "convivir" co devandito insecto invasor, á vez que negaba que o goberno galego tivese "competencias" para a dita declaración. "Esa opinión de que hai que convivir con ela, igual que se fose unha praga bíblica que é algo que non temos máis remedio que levar, non é unha resposta satisfactoria", censurou.

Incidiu en que o que "ten que facer a Xunta de Galicia, que ten competencias, é declarar a praga e a partir de aí a declaración formal, que non significa que vaia a desaparecer pero si que a administración ten a obriga de dispor fondos de forma excepcional para combatela".

Luís Álvarez criticou ao goberno galego "por trasladar a responsabilidade", para a captura dos niños, aos concellos "perosen medios económicos". "A actitude da Xunta sempre é a mesma,delegar competencias pero non reservar os medios necesarios para facerse cargo das mesmas", reprendeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta