Controlado o lume en Verea mentres segue activo o do Parque do Invernadeiro

O lume de Verea, perto do parque do Xurés, está controlado. Nestes momentos no Invernadoiro seguen activos os dous lumes declarados desde as 16:10.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 22/08/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O incendio no concello de Verea, perto do parque do Xurés, está controlado desde as 19:45 segundo informa Medio Rural. 

Incendio en Invernadeiro
Incendio en Invernadeiro | Fonte: brigada e helicóptero de Vilamaior

O lume de dous focos na área do Parque do Invernadeiro, no concello de Vilariño de Conso, continúa activo.  Ambos lumes comezaron ás 16:10 segundo Medio Rural. A estas horas, os medios aéreos que participaban nos labores de extinción, volveron á base ao caer a noite.

Nestes momentos a superficie afectada é de 20 hectáreas se se suman os dous lumes. O lume que afectou primeiro a 5 hectáreas pasou a 15 e o de hectárea e media pasou a cinco hectáreas. Medio Rural informa que arestora están traballando na zona un técnico, seis axentes, dezanove brigadas, dúas pás mecánicas.  Desde Tineo, en Asturias, achegáronse equipos para colaborar na extinción do lume en Vilariño de Conso. 

En Chandrexa de Queixa houbo unha falsa alarma por incendio, confirman desde Medio Rural. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

incendio no Invernadeiro
incendio no Invernadeiro | Fonte: diario de un bombero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 os nosos picudiños

e conato, uns poucos toxos e carqueixonas... non esta ardendo nada, falaban de lostregos pero non vexo ningún-ha nube, seguramente foi un ataca da gastronómica; sa saben o do bocadillo de chourizo asado no medio do monte ... a receta e chourizo a tixola montuna... repito a risco de caer para alguns en gran amigo do toxo (o noso picudiño señores)... E CONATO... E POUCA COUSA.... CUN EXTINTOR PEQUENO DO COCHE EU O APAGO... o demais son manobras orquestais, facer que están facendo...