En Marea solicita o inicio "inmediato" da demanda civil para recuperar o Pazo de Meirás

Logo da modificación da Lei de Memoria Histórica para permitir a exhumación dos restos de Franco do Val dos Caídos, para en Marea "non cabe unha recuperación selectiva da memoria histórica".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2018 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

En Marea solicita ao Goberno central que inicie "de inmediato" a demanda civil que permita incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público despois de modificar por decreto a Lei de Memoria Histórica para permitir a exhumación dos restos de Francisco Franco do Val dos Caídos.

Pazo de Meirás. Europa Press - Archivo
Pazo de Meirás. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Nun comunicado, o partido instrumental súmase á petición do Concello de Sada (A Coruña) de incluír ao inmoble, aínda en propiedade dos herdeiros do ditador, no decreto que este venres será aprobado no Consello de Ministros. E é que, para o portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Luís Villares, e o seu homólogo no Congreso dos deputados, Antón Gómez-Reino, "non cabe unha recuperación selectiva da memoria histórica".

Por iso, a formación considera que o Executivo central, unha vez aprobe o decreto lei, "debe desenvolver as accións legais oportunas" para que o Pazo de Meirás, distinguido como Ben de Interese Cultural (BIC) pase a mans públicas. Neste contexto, Villares apunta que "non hai dúbidas de que este edificio foi arrebatado inxustamente á cidadanía de Sada e á galega e, por tanto, debe ser recuperado inmediata e gratuitamente para o seu uso público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 queimadeo que non veña!!!

Os únicos que fixeron algo foron os do bloque cando rescataron o Castelo dos franco!!!! NON DEIXEN QUE HIERROL SEXA O MAUSOLEO DO FRANCO!!!! pretende inagurar un templo para a adoración adicado a san francisco franco os fachas e o os dereitista do pepeiro, veñen ser a mesma cousa, xente que nas películas belicas da segunda guerra mundial identificaríamos cos nazis e asi... señores a marea recollera os restos para favorecer a política do pe$oe de sácalo de mandriles e mándalo a Galiza, asi pois esta será outra xogada de Waldo das jons o coletas e os seus colaboracionistas e entregacionistas os mareantes