Ferrol impulsa o fútbol gaélico coa expectativa de formar equipo para a próxima liga

A cidade acollerá este sábado 25 de agosto a "I Jornada de iniciaçom ao Futebol Gaélico", organizada pola Fundaçom Artábria. As xornadas "están abertas a homes e mulleres, sen importar a idade, que queiran aprender algo máis deste deporte".

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 23/08/2018 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O cada vez máis coñecido fútbol gaélico será protagonista este sábado en Ferrol. Porque o deporte rei en Irlanda pouco a pouco está a coller forza en Galicia e estas xornadas, organizadas pola Fundaçom Artábria, gardan a expectativa de formar un equipo e poder formar parte da próxima temporada na Liga Gallaecia. A liga de fútbol gaélico mixto. As xornadas darán comezo ás sete da tarde no Campo de Gandara e están abertas a mulleres e homes sen importar a idade.

Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.
Fillos de Breogán - Madrid Harps, primeiro partido de fútbol gaélico en Galicia.

Ás oito da tarde terá lugar a " I Taça Trasancos de Futebol Gaélico", na que se enfrontarán o Fusquenlha FG (de Pontedeume) e un combinado de xogadores e xogadoras da Liga Gallaecia. Por último, haberá un "terceiro tempo de confraternizaçom" no Centro Social da Fundación. O obxectivo: sumar novas deportistas que xa veñen sumando dende "quel histórico jogo 20 de julho de 2012 no Campo de Futebol com o debute da seleçom galega contra a Bretanha".

A Fundaçom Artábria, a entidade organizadora, é unha fundación de carácter sociocultural sen ánimo de lucro que está declarada de Interese Galego e clasificada de interese cultural. Defínense como un "projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 shum

Eu non entendo aos de Artabria. Queren impoñer o portugués. Tan pouca cousa é o galego como para impoñer un idioma alleo?

1 Cons

É galego con norma AGAL. Non é portugués: naçom, non naçâo; Nom, nom nâo. Non é tan difícil...

2 Gcev

Galego é o que se fala en Galicia, o de "naçom" é inventado.

3 Catrocaracteresaleatorios

Por Dios, en Galicia fálase gallego, non 'galego', e cada vez se fala menos (por eso de apartarnos de Portugal e ser máis españoles). E cando se escribe faise ca norma do castellano de Castilla, e con moitos inventos da Real Academia Gallega como ben sabe o pueblo. Por certo, non será que a tal Galicia é un invento?

4 U8gK

É a mentalidade fascista que tedes os lusistas, o que non sexa portugués é dialecto corrupto. Mesmo hai páxinas web onde se amosan relacións entre xefes da agal e ultras portugueses

5 Sentidiño

Hai páxinas web de chefes da Agal, ultras portugueses, e Jake Angeli cos cornos de búfalo...

6 Catrocaracteresaleatorios

E tamén che hai personas que exercen de comentadores por este espacio que por casualidad no nombre responden o teu perfil (catrocaracteresaleatorios), que negan a pandemia do coronavirus. Imagina que dirías se coincidides cos cospiranoicos e ca rancia ultradereita! Logo, pola misma, non será que o tal COVID19 é un invento?