Temas: LECTURA PREMIOS

O Parlamento Europeo galardoa a Biblioteca de Verín polo seu labor no fomento da lectura

A actividade en concreto pola que esta biblioteca recibiu o recoñecemento é "Convive coas línguas", unha iniciativa transfonteiriza, cultural e de convivencia coa rapazada de Chaves.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/08/2018 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O labor da Biblioteca Pública de Verín vén de ser recoñecido cunha nova distinción que xa pode sumar ao seu extenso palmarés de premios e galardóns que a sitúan coma todo un referente. Nesta ocasión, a Biblioteca recibiu o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo pola súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas”, unha xornada de contacontos e manualidades para nenos e nenas.

Lectores na Biblioteca de Verín
Lectores na Biblioteca de Verín | Fonte: Concello de Verín

Devandita distinción, outorgada polo Presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, foi comunicada este mércores ao centro municipal por carta postal. Nela, a institución enxalza as actividades enfocadas ao fomento á lectura organizadas polo centro, cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas. Nesta ocasión prémiase a súa laboura no eido do fomento á lectura coa posta en marcha da iniciativa "Convive coas línguas", un proxecto transfronteirizo, cultural e de convivencia cos nenos e nenas da veciña localidade de Chaves.

Na súa misiva, Tajani pon de manifesto a importancia da convivencia e a transmisión cultural
que dende a Biblioteca do Concello de Verín, cos seus nenos e nenas voluntarios, están a realizar saltando unha fronteira invisible. "O acto que vostede ilustra, a escala local, é
precisamente o que é a Unión Europea
: un lugar no que as persoas poden desprazarse libremente a través das fronteiras, reunirse e compartir ideas e pasións», destacou o presidente do Parlamento Europeo.

antonio javier eijo calA actividade pola que se lle outorga este novo recoñecemento é “Convive coas Linguas”,
organizada conxuntamente coa Eurocidade Chaves – Verín e a Divisão de Desenvolvimento
Social e Cultural da Cámara de Chaves. Nesta actividade participaron aproximadamente corenta nenos e nenas de Chaves, que se desprazaron este xoves á Biblioteca do Concello de Verín. Ao longo da xornada, os Voluntarios e o persoal desta entidade traballaron xunto deles en manualidades e realizaron contacontos de Carlos Casares, María Victoria Moreno e relatos en língua portuguesa.

Temas: LECTURA PREMIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta