Dimite o rexedor de Camariñas despois da súa inhabilitación por prevaricación administrativa

Substituirao no cargo a primeira tenente de alcalde, Sandra Insua.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/08/2018 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O ata agora rexedor de Camariñas, o socialista Manuel Valeriano Alonso de León, presentou este venres a súa dimisión á fronte da Alcaldía despois de que a Audiencia da Coruña confirmase o fallo que lle condena a catro anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación administrativa, en relación coa contratación dunha persona sen convocar o correspondente proceso de selección.

Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica
Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica | Fonte: QPC

Así, despois de que a audiencia provincial ratificase a decisión do Xulgado do Penal número 3 da Coruña, o que foi rexedor deixou o posto de primeiro edil, cargo no que o substituirá a primeira tenente de alcalde, Sandra Insua, quen espera tomar posesión a principios de setembro, previsiblemente o día 3, segundo indicou en declaracións a Europa Press.

O ata agora alcalde de Camariñas presentou a súa dimisión no pleno convocado este venres para debater os orzamentos deste ano, finalmente aprobados cos únicos votos dos socialistas e do BNG. Sandra Insua explicou que Manuel Valeriano presentou a súa dimisión para "non prexudicar a Camariñas". Tamén sinalou que o PP presentara un escrito argumentando que se o até agora rexedor "seguía no cargo, presentarían un contencioso pola aprobación do orzamento" cun rexedor inhabilitado.

"DÍA TRISTE"

"É un día triste porque teña que marchar así", lamentou sobre a dimisión de Manuel Valeriano. No entanto, recalcou a súa vontade de seguir "defendéndose nos tribunais", apuntou en alusión a un posible recurso ante o Tribunal Constitucional.

Con todo, dixo que o até este venres rexedor de Camariñas colaborará con ela para porlle ao día de asuntos pendentes. "Cubrilo vai ser moi complicado", admitiu Sandra Insua. Aínda así, sobre esta nova etapa, subliñou a súa intención de seguir levando a cabo "proxectos pendentes" no municipio.

No pleno de setembro, ademais de tomar posesión a nova alcaldesa, está previsto que se incorpore á corporación municipal Rosana Barbeira Fandiño, despois da marcha de Manuel Valeriano, alcalde de Camariñas desde 2007.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

mira que son tercos... se se chaman esquerda por que actúan coma dereita ? sabemos que a tentación de meter aos amiguetes a comer de gorra é moi grande... (pero eso é o que leva facendo o PP toda a vida e ten un nome: CACIQUISMO, pero cando o fai a "esquerda" seica temos que acodir ao Tribunal Constitucional (?) Outros fan o mesmo dende Bruxelas e sáelles de marabilla (pagado cos cartos do Reino de España que tanto dín ODIAR!) Son moitas as contradiccións que temos que aturar !!!